Anna Simó i Castelló, nada en Els Alamús, Lleida, o 26 de xullo de 1968, é unha política catalá, membro de Esquerra Republicana de Catalunya dende o ano 1990. Foi secretaria primeira da Mesa do Parlamento de Cataluña durante a XI Lexislatura.

Traxectoria Licenciada en filoloxía catalá pola Universidade de Barcelona, fixo un posgrao de planificación lingüística na mesma universidade. Traballou no Consorci per a la Normalització Lingüística, onde tivo diversas responsabilidades, entre elas, responsable de Ciutat Vella no Centro de Normalización Lingüística de Barcelona. É membro de diversas entidades culturais e cívicas, entre as cales están Ca la dona e o Centre d’Estudis de l’Hospitalet. Afiliada á CONC dende o ano 1990, formou parte do Comité de Empresa do Consorcio para a Normalización Lingüística.

Traxectoria política No referente á súa traxectoria política, é membro do Consell Nacional d'Esquerra dende 1994. Foi presidenta local de Esquerra en Hospitalet de Llobregat (1996-2002) e membro da Executiva Nacional (1998-2004 e do 2006 até o presente). Tamén foi secretaria nacional de Política Social de ERC (2001-2004), e dende 2006 é vicesecretaria de Acción Política d’Esquerra.

Foi elixida rexedora do concello de L'Hospitalet de Llobregat (2003) e nomeada conselleira comarcal do Consello Comarcal de Barcelonès. Foi conselleira de Benestar e Familia (2003-2006).

Foi Conselleira de Benestar e Familia da Generalitat de Cataluña dende a constitución do goberno catalanista e de esquerdas de Pasqual Maragall, até o 2006 e voceira adxunta do grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Catalunya.

O sábado día 11 de novembro de 2017 anunciou mentres se celebraba o Consell Nacional do seu partido que non repetiría nas listas de ERC do 21 de decembro de 2017.El adiós de Anna Simó tras cuatro legislaturas en el Parlament. La Vanguardia, EUROPA PRESS, Barcelona, 11/11/2017. Consultado o 14 de febreiro de 2017.

Causa xudicial Foi imputada polos delitos de prevaricación e desobediencia por incumprimento de sentenza do Tribunal Constitucional. Ademais, dende o 7 de setembro está sendo investigada pola Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña por tramitar no Parlamento de Cataluña un proxecto de lei de referendo de autodeterminación a través dun procedemento de urxencia que foi declarado nulo polo Tribunal Constitucional. O 8 de setembro, a Fiscalía esixía fianza para garantir os gastos que poida causar ó erario público, que cifra en 6,2 millóns de euros.La Fiscalía se querellará contra los miembros de la Mesa del Parlament que han admitido a trámite la Ley del Referéndum. Manuel Marraco, Madrid, 6 SEP. 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2018.La Fiscalía se querella contra los miembros de la Mesa por «desobediencia y prevaricación La Razón, 6 de setembro de 2017. Consultado o 6 de febreiro de 2018.La Fiscalía pide que Puigdemont y sus 'consellers' paguen fianza. El Confidencial, B. Parera, 08.09.2017. Consultado o 6 de febreiro de 2018.

O martes 31 de outubro de 2017, o Tribunal Supremo (TS) admitiu a trámite a querela presentada pola Fiscalía por rebelión, sedición e malversación contra cinco exmembros da Mesa do Parlamento de Cataluña, Carme Forcadell, Lluís Corominas, Anna Simó, Lluís Guinó, Ramona Barrufet, e contra o secretario Joan Josep Nuet, por participar no denominado procés e a declaración unilateral de independencia. O Tribunal Supremo (TS), designou como instrutor da mesma ó maxistrado Pablo Llarena, que citou ós querelados para tomarlles declaración. O xoves 9 de novembro de 2017 declarou e foi posta en liberdade co prazo dunha semana para pagar 25 000 euros se quere eludir o cárcere preventivo.El Supremo cita como imputados por rebelión a Forcadell y a otros cinco miembros de la Mesa. Infolibre, martes, 31/10/2017. Consultado o 29 de xaneiro de 2018.

Notas

Categoría:Nados en 1968 Categoría:Conselleiros da Generalitat de Cataluña Categoría:Independentistas cataláns Categoría:Políticos de ERC Categoría:Políticos de Cataluña Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona