O noso planeta (en ) é unha serie documental británica feita por Netflix. A serie está narrada por David Attenborough e producida por Silverback Filmes, liderado por Alastair Fothergill e Keith Scholey, quen tamén creou as series documentais da BBC Planet Earth, Frozen Planet e The Blue Planet, coa colaboración do Fondo Mundial para a Natureza.

A serie aborda cuestións de conservación da natureza ó tempo que animais singulares nos seus respectivos hábitats. A serie saliente polo seu especial enfoque ó impacto humano no medio ambiente en comparanza cos documentais tradicionais, centrándose en que grao o cambio climático afecta a vida de tódalas criaturas. Este foi o primeiro documental xamais feito por Netflix e tódolos episodios foron estreados o 5 de abril de 2019. Netflix que máis de 25 millóns de fogares viron a serie durante o primeiro mes logo da súa estrea. Máis tarde informouse de que 100 millóns de fogares viran a serie a partir de marzo de 2021.

A segunda tempada, O noso planeta II, estreouse o 14 de xuño de 2023 en Netflix, onde conta con versión en lingua galega.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming Ligazóns externas

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión do Reino Unido Categoría:Series de televisión iniciadas en 2019 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión con versión galega