Zipacón é un dos 116 concellos do departamento de Cundinamarca, Colombia. Atópase na provincia de Sabana Occidente, a 50 km de Bogotá.

Historia Período precolombiano Zipacón é o territorio do altiplano cundiboyacense onde se atoparon as evidencias máis antigas de agricultura e olaría, que datan do ano 1270 a. C.

Durante o dominio da Confederación muisca, estivo baixo a xurisdición do Zipazgo, e foi un punto de gornición para espiar ós panches, que pola grande abertura deste lado adoitaban invadir frecuentemente o territorio muisca.

Dise que o Zipa se retiraba a Zipacón a meditar no medio dunha gran tristeza, polo que se lle deu á palabra Zipacón o significado de «O pranto do Zipa», frase que á súa vez é emblema do escudo do concello. A este respecto, o Manuscrito 158 BNC da Biblioteca Nacional de Colombia, que probablemente é unha copia encargada por José Celestino Mutis a finais do século XVIII, dálle á palabra Cone o significado de «pranto». Porén, o dicionario chibcha de Joaquín Acosta Ortegón di que a palabra quere dicir «Aliado do noso pai».

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca