Cristina Pol García, nada en Madrid o 24 de xullo de 1893 e finada na Coruña o 23 de setembro de 1976,Necrolóxica en La Voz de Galicia, 24-9-1976, p. 27. foi unha mestra e inspectora de educación galega.

Traxectoria Estudou maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, obtendo o título de grao superior en 1911.El Diario de Pontevedra, 6-10-1911, p. 2. Foi nomeada inspectora de Ensino Primario da provincia da Coruña en 1920.El Compostelano, 27-7-1920, p. 3. Co seu marido Manuel Díaz Rozas e outros crearon en 1932 a Sociedad Paidológica Gallega e tamén co marido fixeron estudos para seguir o desenvolvemento de xemelgos univitelinos da provincia da Coruña nos anos trinta."Antecedentes da psicoloxía infantil en Galicia: a Sección de Pedagoxía e o Laboratorio de Psicotecnia do Seminario de Estudos Galegos" Militante do Partido Galeguista, foi secretaria do Seminario de Estudos Galegos. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi separada do servizo e suspendida de emprego e soldo. Foi desterrada a Ávila co seu home. Rehabilitada, nos anos sesenta foi inspectora de ensino primario en Oviedo.

Vida persoal Casou con Manuel Díaz Rozas.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1893 Categoría:Finados en 1976