miniatura|G. c. kleinschmidti, Marrocos

A cotovía cristada ou cotovía dos camiñosPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Galerida cristata) é unha especie de cotovía que se distingue doutras especies similares por ter unha crista de plumas que ergue durante as exhibicións territoriais ou de cortexo ou cando canta. É común na Europa continental, aínda que en Galicia é nativa pero non moi común, e vive tamén no norte de África e en partes do oeste de Asia e a China. É unha ave non migratoria, pero pode encontrarse ocasionalmente como ave errante en zonas no límite da súa área como Gran Bretaña.

Taxonomía e sistemática

A cotovía cristada foi descrita orixinalmente por Carl Linnaeus no seu traballo do século XVIII Systema Naturae. Clasificouna no xénero Alauda, pero o naturalista alemán Friedrich Boie situouna no novo xénero Galerida en 1821. Colin Harrison recomendou pasar de novo as especies dos xéneros Galerida e Lullula a Alauda en 1865 debido á falta de características definitorias. O nome científico actual deriva do latín, xa que Galerida era o nome que lle daban os latinos a esta ave, de galerum, 'gorra' e cristata, 'cristada'. Alban Guillaumet e colegas sinalaron as características distintivas das poboacións do Magreb (as que viven nas partes máis secas de Marrocos e Tunisia teñen bicos máis longos, mentres que as aves máis costeiras do norte teñen os bicos máis curtos típicos das subespecies europeas). Os autores tomaron e analizaron mostras do ADN mitocondrial e atoparon que eran distintas xeneticamente.

Anteriormente, a cotovía do Magreb Galerida macrorhyncha era considerada unha subespecie da cotovía cristada.

Subespecies Recoñécense 33 subespecies, que son: G. c. pallida - Brehm, CL, 1858: vive en Portugal e España G. c. cristata - (Linnaeus, 1758): do sur de Escandinavia e Francia e cara ao leste ata Ucraína e Hungría G. c. neumanni - Hilgert, 1907: no centro oeste de Italia G. c. meridionalis - Brehm, CL, 1841: descrita orixinalmente como unha especie separada. Encóntrase desde o leste de Croacia ata o centro de Grecia e oeste de Turquía G. c. cypriaca - Bianchi, 1907: en Rodas, os Cárpatos e Chipre G. c. tenuirostris - Brehm, CL, 1858: desde o leste de Hungría e Romanía ao sur de Rusia e Casaquistán G. c. caucasica - Taczanowski, 1888: no leste das illas do Exeo, norte de Turquía e sur do Cáucaso G. c. kleinschmidti - Erlanger, 1899: no noroeste de Marrocos G. c. riggenbachi - Hartert, 1902: no oeste de Marrocos G. c. carthaginis - Kleinschmidt, O & Hilgert, 1905: no noroeste de Marrocos e o norte de Tunisia G. c. arenicola - Tristram, 1859: descrita orixinalmente como unha especie separada. Encóntrase no nordeste de Alxeria, sur de Tunisia e noroeste de Libia G. c. festae - Hartert, 1922: na costa nordeste de Libia G. c. brachyura - Tristram, 1865: desde a parte nordeste non costeira de Libia ao sur de Iraq e norte de Arabia G. c. helenae - Lavauden, 1926: no sueste de Alxeria e suroeste de Libia G. c. jordansi - Niethammer, 1955: encóntrase nas montañas Aïr do norte de Níxer G. c. nigricans - Brehm, CL, 1855: descrita orixinalmente como unha especie separada. Encóntrase no delta do Nilo (norte de Exipto) G. c. maculata - Brehm, CL, 1858: no centro de Exipto G. c. halfae - Nicoll, 1921: no sur de Exipto e norte do Sudán G. c. altirostris - Brehm, CL, 1855: descrita orixinalmente como unha especie separada. Encóntrase no leste do Sudán e Eritrea G. c. somaliensis - Reichenow, 1907: no sur de Etiopía, norte de Somalia e norte de Kenya G. c. balsaci - Dekeyser & Villiers, 1950: nas costas de Mauritania G. c. senegallensis - (Statius Müller, PL, 1776): descrita orixinalmente como unha especie separada no xénero Alauda. Vive desde Mauritania e o Senegal ata Níxer G. c. alexanderi - Neumann, 1908: desde o norte de Nixeria ao oeste do Sudán e nordeste da República Centroafricana G. c. isabellina - Bonaparte, 1850: descrita orixinalmente como unha especie separada. Encóntrase no centro do Sudán G. c. cinnamomina - Hartert, 1904: no oeste do Líbano e noroeste de Israel G. c. zion - Meinertzhagen, R, 1920: no sur de Turquía e nordeste de Israel G. c. subtaurica - (Kollibay, 1912): desde o centro de Turquía ao suroeste de Turkmenistán e norte de Irán G. c. magna - Hume, 1871: descrita orixinalmente como unha especie separada. Habita desde o centro de Irán e centro de Turkmenistán ata o noroeste de Paquistán, Casaquistán, sur de Mongolia e noroeste da China G. c. leautungensis - (Swinhoe, 1861): descrita orixinalmente como especie separada no xénero Alauda. Encóntrae no nordeste e leste da China G. c. coreensis - Taczanowski, 1888: en Corea G. c. lynesi - Whistler, 1928: do norte de Paquistán G. c. chendoola - (Franklin, 1831): descrita orixinalmente como unha especie separada no xénero Alauda. Atópase desde o centro e leste de Paquistán e ao longo do oeste e norte da India ata o sur do Nepal

Descrición

É unha cotovía bastante pequena, aproximadamente do mesmo tamaño que a Alauda arvensis, pero máis curta en conxunto e con máis volume na cabeza e corpo, e con aparencia similar, cunha altura de 17 cm e unha envergadura de 29 a 38 cm, e cun peso entre 37 e 55 g. É un paxaro pequeno marrón con cola curta e plumas externas marróns claras. O macho e a femia non presentan grandes diferenzas, pero os individuos xoves teñen mais manchas no dorso que os adultos. A súa plumaxe é suave pero escasa e parece abrancazado. A distintiva crista pola que recibe o seu nome é moi evidente en todo momento pero está mais ergueita durante as exhibicións territoriais e de cortexo e cando canta. En voo mostra unhas partes inferiores avermelladas. Comparte moitas características coa Galerida theklae, e as principais distincións entre elas son o bico, as manchas marróns máis escuras na G. theklae e as partes inferiores grises presentes nos espécimes europeos.

Distribución e hábitat

A cotovía cristada reprodúcese na maioría das zonas temperadas de Eurasia desde Portugal ata o nordeste da China e leste da India e en África cara ao sur ata Níxer. Non é un paxaro migratorio, senón sedentario, e só aparece raramente como errante ou accidental en sitios fóra da súa área normal, como Gran Bretaña, malia reproducirse en zonas tan próximas como o norte de Francia. Aínda que esta ave non se encontra normalmente en Escandinavia hoxe en día, atopábase en Suecia ata a década de 1990, e hai fontes que informan da observación de seis exemplares en 1992 antes de desaparecer completamente dese país en 1993. Tamén desapareceu doutros países europeos, como Noruega (1972), Luxemburgo (1973) e Suíza (década de 1980).

É un paxaro común de campos abertos e secos e é frecuente velo en beiras de estradas e camiños ou en campos de cereais, aínda que tamén ocupa pequenas zonas areosas ao longo de vías de ferrocarril, peiraos e aeródromos.

Comportamento

miniatura|Vídeo dun exemplar cantando É unha ave canora, e a súa canción é un trilo líquido. Canta en voo desde o alto do ceo, a uns 30 a 60 m sobre o chan. A especie relacionada Alauda arvensis (laverca común) mostra un comportamento similar pero tamén canta durante o seu ascenso, mentres que a cotovía cristada canta só desde as alturas ou no chan. O seu padrón de voo é un exemplo de locomoción ondulatoria en aves.

Reprodución

miniatura|Ovos de Galerida cristata no MHNT Aniña en pequenas depresións no chan, a miúdo en páramos e nas contornas das cidades. Os seus niños son estruturas pouco ordenadas compostas principalmente por herbas mortas e raíces. Pon dunha vez de tres a cinco ovos marróns con finas manchas, similares aos da laverca común e choca os ovos durante 11 ou 12 días. Igual que pasa coa maioría das cotovías ou lavercas, as crías abandonan axiña o niño, en só uns oito días, e bótanse a voar aos 15 ou 16 días de idade. Xeralmente crían dúas veces ao ano.

Alimentación

miniatura|Comendo un insecto Son aves esencialmente vexetarianas, que comen principalmente grans de cereais e outras sementes, como as de centeo, trigo e cebada, pero tamén insectos, especialmente escaravellos, e a comida atópana buscando no chan ou escavando. As crías son alimentadas polos dous proxenitores e xeralmente deixan o niño antes de que poidan voar e empezan a procurarse a comida eles mesmos.

Status Na Lista vermella da IUCN está considerada como en situación "pouco preocupante", o que significa que non está ameazada de extinción actualmente. As estimacións sobre a poboación global de individuos maduros desta especie é de entre 22 000 000 e 91 200 000. As cifras para Europa son menos variadas, con estimacións do número de parellas reprodutoras entre 3 600 000 e 7 600 000, ou a de individuos entre 7 200 000 e 15 200 000. En Europa, a tendencia desde 1982 é dun declive global da poboación, do que se deduciu que a especie está en declive mundialmente.

Notas

Categoría:Aláudidos Categoría:Animais descritos en 1758