Manuel García Hermo, nado na Pobra do Caramiñal cara 1899 e finado en Vilacova (Lousame) o 30 de agosto de 1936, foi un xastre e político galego.
Traxectoria Instalouse como xastre en Ribeira en 1924. Home de esquerdas, afiliado á UGT, escribía na prensa local. Logo de golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, o 30 de agosto, un garda civil do posto de Ribeira enredouno pola tarde no Café Núñez, mentres un pistoleiro da Falange de Vilagarcía de Arousa e dous homes da Pobra do Caramiñal o esperaban preto do cine Colón. Metérono pola forza nun coche e trasladárono ao lugar de Comparada na parroquia de Vilacova onde o asasinaron. O cadáver apareceu nunha cuneta con varios impactos de bala no corpo e nas pernas e cos calcetíns ensanguentados nunha man. Os veciños soterrárono, xunto a outros seis represaliados, nunha fosa común no cemiterio de Vilacoba."Una ribeirense pretende exhumar el cadáver de su abuelo represaliado" Faro de Vigo 30/3/2006 .
Vida persoal
Casou con Carmen Neira Amado e tivo nove fillos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía , Perfecto: "Honrarás a tu padre y a tu madre" 'La Voz de Galicia'' 20/12/2001 . Ligazóns externas
Ficha en Memoria da Coruña
¿Dónde está Manuel García Hermo? Arranca en Lousame la tercera excavación en busca de los restos del sastre fusilado en 1936
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936