O falaropo de WilsonPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Phalaropus tricolor) é unha pequena ave limícola, a máis grande entre os falaropos, que se reproduce na pradeiras de América do Norte no oeste do Canadá e no oeste dos Estados Unidos. É unha ave migratoria, que pasa o inverno en lagos salgados do interior, preto dos Andes, na Arxentina. Son aves migrantes de paso en América Central polos meses de marzo e abril e despois de novo en setembro e outubro. A especie é unha ave errante rara no oeste de Europa, incluída Gaicia.
A especie adoita ser mansa e deixa que se lle aproximen. Ás veces é clasificada nun xénero monotípico, Steganopus.
Etimoloxía
O nome desta ave fai referencia ao ornitólogo escocés-americano Alexander Wilson.Szabo, M.J. (2013) Wilson's phalarope in Miskelly, C.M. (ed.) New Zealand Birds Online. O nome do xénero Phalaropus procede do grego phalaris, 'galiñola' e pous, 'pé', é dicir, 'pés de galiñola', xa que teñen dedas parecidas. O nome específico tricolor significa en latín 'tres cores'"Phalarope" . Oxford English Dictionary (3rd ed.). Oxford University Press. September 2005.
Descrición miniatura|esquerda|Falaropo aínda con algunhas plumas xuvenís O falaropo de Wilson é lixeiramente máis grande que o falaropo bicogroso e chega aos 23 cm de lonxitude. É unha ave costeira delicada con dedas lobuladas e un bico negro fino. A femia en estación reprodutora é gris e marrón pola parte superior e branca pola inferior, cun pescozo avermellado e manchas nos flancos avermelladas. O macho na época reprodutora é unha versión máis apagada da femia, con dorso branco e as manchas avermelladas reducidas ou ausentes. Nun estudo de falaropos reprodutores feito na provincia canadense de Saskatchewan, as femias eran como media un 10% meirandes que os machos nas medidas estándar e pesaban arredor dun 30% máis, chegando a pesos entre os 68 e os 79 g, e como media 51,8 g.
As aves novas son grises e marróns pola parte superior e brancas pola inferior e teñen unha mancha escura a través da zona do ollo. En inverno, a plumaxe é esencialmente gris pola parte superior e branca pola inferior, pero sempre teñen a mancha ocular escura. A lonxevidade media na natureza é de 10 anos.
Ecoloxía e status
Os falaropos de Wilson son aves halófilas (gústalles vivir en auga salgada) e grandes cantidades deles aliméntanse en lagos salinos durante a migración, como o lago Mono en California, lago Abert en Oregón e o Gran Lago Salgado de Utah, a miúdo en compañía dos falaropos bicofinos.
Cando se alimentan adoitan nadar en círculo rapidamente formando un remuíño, o que se cre trae á superficie comida do fondo en zonas de augas profundas, que despois el recolle na superficie, capturando insectos ou crustáceos.
Nos falaropos, a diferenza do que é máis común nas aves, a femia é o sexo dominante. Ela é a máis coloreada, persegue os machos, compite polo territorio de nidificación e defende agresivamente a posesión do seu niño e do macho elixido. Unha vez que pon os ovos, abandona o niño e o macho ten que incubalos e coidar as crías, aínda que estas poden alimentarse por si mesmas. Poñen tres ou catro ovos nun niño no chan preto da auga.
Aínda que é moi común, a poboación desta ave pode que declinase en certas áreas debido á perda dos hábitats de pradeira húmida que necesita. Hai unhas cantas áreas de descanso e parada que son de grande importancia durante a súa migración.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Hayman, Peter; Marchant, John & Prater, Tony (1986): Shorebirds: an identification guide to the waders of the world. Houghton Mifflin, Boston.
Ligazóns externas Phalaropus tricolor – USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter Fotos do falaropo de Wilson en Oiseaux.net
Categoría:Escolopácidos Categoría:Animais descritos en 1819