Serxio Cobos, nado en Santiago de Compostela o 28 de agosto de 1973, é un músico, coreógrafo e bailador de danza tradicional galega. Traxectoria Iniciouse na música e no baile tradicional galego na escola da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos de Santiago de Compostela, desenvolvendo desde 1989 unha intensa actividade de investigación etnomusicolóxica sobre o terreo, recollendo e rescatando coreografías e cantos por toda Galiza. Desde o 1990 foi mestre de baile en diferentes agrupacións folclóricas, como Cantigas e AGarimos, A. C. Tahume, A. F. Abiñadoira ou a Central Folque.

Foi director musical e intérprete de danza nas compañías GS21 e Circio, así como músico do grupo Violia, fundador e director artístico de Trebón (Novas tendencias da danza galega). En Portugal traballa como intérprete na compañía de danza contemporánea Clara Andermatt e é mentor e arranxador do grupo Aquí há baile de Évora. Ten colaborado como bailador diferentes grupos musicais como Berrogüetto, Xosé Manuel Budiño ou Marful.

Obra Traballou como ilustrador gráfico das obras Para cantar e bailar e Zampadanzas do mundo. Danzas á carta. No ano 2018 publicou o libro Bailegramas, a primeira proposta dun sistema de notación específico para o baile tradicional galego.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sergio Cobos. Maestro gallego de danza tradicional - Vimeo

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1973 Categoría:Coreógrafos Categoría:Personalidades da música e o baile tradicional de Galicia