Antonio Barbeito Pérez, nado en Ponteareas, foi un político galego.
Traxectoria
Emigrante en Buenos Aires. Retornou á súa parroquia de Guillade na República. Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado concelleiro de Ponteareas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu de Galicia e, en 1939, atopábase en Barcelona. Recibiu axudas de Buenos Aires para poder sobrevivir e marchou a Arxentina o 5 de xuño de 1939. En 1945 estaba exiliado en Buenos Aires. Nos anos sesenta regresou a Guillade.El Pueblo Gallego, 11-6-1965, p. 16.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego
Categoría:Concelleiros de Ponteareas Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en ano descoñecido