Zulu Sofola, nada o 22 de xuño de 1935 e finada o 5 de setembro de 1995 , foi unha dramaturga nixeriana, a primeira do seu país. Sofola foi tamén profesora universitaria, e a primeira muller docente de artes teatrais en África.

Traxectoria Nwazuluwa Onuekwuke Sofola naceu no estado de Bendel, filla de Nwaugbade Okwumabua e o xefe Ogana Okwumabua, do pobo igbo e procedentes de Issele-Uku, na área administrativa de Anochia North, no Estado do Delta.

Foi á escola en Asaba e ao Instituto Feminino Baptista de Agbor.. Debido ao seu bo rendemento escolar revibiu unha bolsa para completar os estudos secundarios en Nashville (Tennessee). Despois estudou no Southern Baptist Theological Seminary en Louisville (Kentucky) e en 1959 graduouse en Lingua Inglesa na Universidade de Virxinia en Richmond (Virxinia). En 1965 rematou un mestrado en Escritura e produción de dramaturxia na Universidade Católica de América en Washington, D.C. Regresou a Nixeria en 1966, e converteuse en lectora no departamento de Artes Teatrais da Universidade de Ibadan (Estado de Oyo), onde se doutorou en Artes Teatrais (Teoría da Traxedia) en 1977. Ensinou Drama na Universidade de Ilorin (Kwara), onde foi nomeada xefa do departamento de Artes Performativas.

Sofola foi cantante, bailarina e escritora prolífica. Escribiu e dirixiu numerosas obras para teatro e televisión, incluídas pezas propias, como King Emene. As súas obras "van desde a traxedia histórica até a comedia doméstica, e utilizan o escenario africano tradicional e moderno". Usa "elementos de maxia, mitoloxía e ritos para entender os conflitos entre o tradicionalismo e o modernismo nos que a supremacía persiste". Está considerada unha das mulleres máis destacadas da literatura do seu país.

Obra The Deer Hunter and The Hunter's Pearl (1969) The Disturbed Peace of Christmas (1971) Wedlock of the Gods (1972) The Operators (1973) King Emene: Tragedy of a Rebellion (1974) The Wizard of Law (1975) The Sweet Trap (1977) Old Wines Are Tasty (1981) Memories in the Moonlight (1986) Queen Omu-ako of Oligbo (1989) Eclipso and the Fantasia (1990) The Showers (1991) Song of a Maiden: A Play (1992) Lost Dreams and Other Plays (1992) Notas

Véxase tamén

Bibliografía Gikandi, Simon (2002): Encyclopedia of African Literature, Routledge. - p. 502 Gilbert, H. (1996): Post-Colonial Drama: Theory, Practice, Politics, Routledge. - p. 183. Kolawole, M. E. M. (1999): Zulu Sofola: her life & her works, Caltop Publications (Nigeria).

Ligaźons externas zulusofola.com ′Zulu Sofola official website. Zulu Sofola at Black Plays Archive, National Theatre.

Categoría:Alumnos da Universidade Católica de América Categoría:Alumnos da Universidade de Ibadan Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1935 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Escritores de Nixeria Categoría:Alumnos da Universidade de Virxinia Union Categoría:Personalidades sen imaxes