«Straatdeuntje» (en galego: «Melodía rueira») é unha canción composta por Harry Frekin e interpretada en neerlandés por Bobbejaan Schoepen. Lanzouse como sinxelo en 1994 mediante Bertelsmann Music Group. Foi elixida para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión de 1957 tras gaña-la final nacional belga, De T.V. Maakt Muziek 1957.
Festival de Eurovisión 1957 Selección «Straatdeuntje» cualificouse para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 1957 tras gaña-la final nacional belga, De T.V. Maakt Muziek 1957.
No festival A canción participou no festival celebrado no Großer Sendesaal des Hessischen Rundfunks de Frankfurt o 3 de marzo de 1957, sendo interpretada polo cantante belga Bobbejaan Schoepen. A orquestra foi dirixida por Willy Berking.
Foi interpretada en primeiro lugar, precedendo a Luxemburgo con Danièle Dupré interpretando «Tant de peine». Ao final das votacións, a canción recibiu 5 puntos, obtendo o oitavo posto de 10 xunto a Suíza.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bélxica no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1957 Categoría:Sinxelos de 1957 Categoría:Cancións de Eurovisión 1957 Categoría:Cancións de Bélxica en Eurovisión