Ghislaine Nelly Huguette Sathoud, nada en Pointe-Noire o 8 de abril de 1969, é unha escritora feminista da República do Congo.
Traxectoria Filla dunha enfermeira e de Victor Sathoud, quen ocupou varios cargos políticos. En 1996 emigrou ao Canadá, e reside en Montreal. É membro de varias asociacións literarias, como Association des Ecrivains de Langue Française, Conseil International d'Etudes Francophones ou Union des Auteurs et Artistes Africains au Canada. Foi unha das gañadoras do Premio Naji Naaman 2008 polo seu libro de relatos Les trésors du terroir.
Fixo un mestrado en Relacións Internacionais e un mestrado en Ciencias Poíticas na Universidade do Québec. En 2004 dirixiu un programa da cidade de Montreal como parte da preparación para a terceira vaga da cidadanía no futuro.En 2000 participou na Marcha Mundial das Mulleres coa súa obra The Evils of Silence. Traballou para a Alliance of Cultural Communities for Equality in Health and Social Services (ACCESS). Escribiu a obra Ici, ce n’est pas pareil chérie!, que serviu de plataforma para previr a violencia doméstica entre a poboación inmigrante.
Traballa en temática de xénero. En 2005 participou nun libro colectivo na Unión Africana e noutro publicado na Arxentina. En 20006 publicou o ensaio Women of Central Africa in Quebec. En 2007 participou no volume colectivo Imagine, French Without Borders, publicado pola editorial estadounidenseVista Higher Learning. En 2008, a International Baccalaureate Organization (IBO) publicou en formato CD-rom a obra Market of Hope.
Ten tres fillos e fillas. A súa filla Jessica, nada en 1997, publicou o libro Mes confidences.
Obra Rendez aux Africaines leur dignité (2011) L'Art de la maternité chez les Lumbu du Congo Musonfi (2008) L'amour en migration (2007) Le combat des femmes au Congo-Brazzaville (2007) Les femmes d’Afrique centrale au Québec (2006) Les Frères de Dieu (2006) Ici, ce n’est pas pareil chérie! (obra de teatro en DVD, 2005) Hymne à la tolérance (2004) Itiana (2002) Les maux du silence (2000) Pleurs du cœur (1995) L’Ombre de Banda (1990) Poèmes de ma jeunesse (1988)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Site officiel Femmes écrivains et littérature africaine Prix littéraires NAJI NAAMAM 2008
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores da República do Congo Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Pointe-Noire Categoría:Personalidades sen imaxes