Venancio Pérez Lemos, nado en Salceda de Caselas cara 1910 e finado en Tui o 21 de outubro de 1936, foi un canteiro e político galego.

Traxectoria

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou unha patrulla que se desprazou en auxilio das que se formaron no Porriño. Foi detido nos primeiros días de agosto con Gumersindo Rodríguez Casales por unha patrulla de falanxistas e gardas cívicos de Salceda de Caselas. Xulgados por rebelión militar en consello de guerra celebrado en Vigo o 12 de outubro, foron condenados a pena de morte. Foron executados en Tui o 21 de outubro de 1936. Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Salceda de Caselas Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos