O carranciño común, tamén chamado carrán pequeno ou carrán pirríPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5., (Sternula albifrons, antes Sterna albifrons) é unha ave da familia Sternidae, que se encontra en Eurasia, África e Oceanía.
Taxonomía
miniatura|200px|left|S. a. sinensis en plumaxe nupcial. Anteriormente incluíase no xénero Sterna, que actualmente se restrinxe para os grandes carráns (Bridge et al., 2005). Ademais dúas variedades que inicialmente se consideraban subespecies do carrán pequeno (S. a. antillarum e S. a. saundersi) actualmente son consideradas especies separadas: Sternula antillarum e Sternula saundersi.
Recoñécense tres subespecies: S. a. albifrons: a nominal, que se encontra en Europa, o Norte de África e Oriente próximo; S. a. guineae: de África central e occidental; S. a. sinensis: que se estende de Asia oriental ás costas occidentais de Australia.
A etimoloxía do seu nome científico é moi descritiva, en latín Sternula significa 'pequeno carrán' e albifrons significa 'de fronte branca'.
Descrición miniatura|S. a. sinensis en plumaxe invernal xunto a Thalasseus bergii do dobre de tamaño.
É pequeno en comparación con outros carráns, mide de 22 a 24 cm e ten unha envergadura de 51 a 56 cm.Beaman, M. e Madge, S. (1998) Guía de identificación de las aves de Europa, norte de África y próximo oriente. P. 460. Ed. Omega ISBN 84-282-0946-4 Polo seu tamaño e a fronte branca da súa plumaxe nupcial é pouco probable confundilos con outras especies, agás con Sterna nereis e o Sternula saundersi. A plumaxe do adulto en verán ten o dorso e partes superiores de cor gris clara e as partes inferiores brancas, igual que a súa cola curta e forcada; e as plumas primarias máis externas son escuras. O bico estreito e bicudo é de cor amarela e ten a punta negra e as patas tamén son amarelas. Na cabeza presenta un casquete negro que se estende cara a atrás por debaixo da caluga, interrompido por unha mancha branca na fronte. En inverno a mancha branca da súa fronte é máis ampla, o bico vólvese negro e a cor das patas faise máis apagada.
Comportamento miniatura|Carráns pequenos voando sobre as augas en busca de peixe. O carrán pequeno cría nas costas e zonas húmidas da Eurasia temperada e tropical. É unha ave migratoria que se despraza para pasar o inverno nos océanos tropicais e subtropicais, chegando ata Suráfrica e Australia. É unha das especies ás que se lle aplica o Tratado sobre a Conservación das Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).
Cría en colonias en praias de grava ou illas. Pon de dous a catro ovos no chan. Como outros carráns é agresivo para defender o seu niño e polos e ataca os intrusos que se acheguen a eles.
Aliméntase de peixes, crustáceos e insectos. Como a maioría dos carráns, o carrán pequeno pesca lanzándose en picado á auga, xeralmente en medios salinos. Unha ofrenda de peixe que fai o macho á femia forma parte do seu ritual de cortexo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bridge, E. S.; Jones, A. W. & Baker, A. J. (2005): A phylogenetic framework for the terns (Sternini) inferred from mtDNA sequences: implications for taxonomy and plumage evolution. Molecular Phylogenetics and Evolution 35: 459–469. PDF texto completo Collinson, M. (2006). Splitting headaches? Recent taxonomic changes affecting the British and Western Palaearctic lists. British Birds 99(6): 306-323. Harrison, Peter (1988): Seabirds (2ª edición). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8. Olsen, Klaus Malling & Larsson, Hans (1995): Terns of Europe and North America. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-4056-1
Ligazóns externas Fotos de Sterna albifrons na guía de campo de Flickr. Ficha de Sternula albifrons en Avibase
Categoría:Estérnidos Categoría:Animais descritos en 1764