«Hou toch van mij» (en galego: «Ámame») é unha canción composta por Hans Flower e interpretada en neerlandés por Bob Benny. Lanzouse como sinxelo en 1959 mediante Philips Records. Foi elixida para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión de 1959 tras gaña-la final nacional belga, Grote prijs van het Eurovisielied.

Festival de Eurovisión 1959 Selección «Hou toch van mij» cualificouse para representar a Bélxica no Festival de Eurovisión 1959 tras gaña-la final nacional belga, Grote prijs van het Eurovisielied.

No festival A canción participou no festival celebrado no Palacio de Festivais e Congresos de Cannes o 11 de marzo de 1959, sendo interpretada polo cantante belga Bob Benny. A orquestra foi dirixida por Francis Bay.

Foi interpretada en 11.º lugar, seguindo ao Reino Unido con Pearl Carr e Teddy Johnson interpretando «Sing Little Birdie». Ao final das votacións, a canción recibiu 9 puntos, obtendo o sexto posto de 11 xunto a Italia.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bélxica no Festival de Eurovisión

Categoría:Cancións en lingua neerlandesa Categoría:Cancións de 1959 Categoría:Sinxelos de 1959 Categoría:Cancións de Eurovisión 1959 Categoría:Cancións de Bélxica en Eurovisión