O picafollas europeoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. ou picafollas común, tamén chamado, de forma máis imprecisa, simplemente, picafollas ou furafollas (Phylloscopus collybita), é unha especie de ave paseriforme da familia dos picafollas Phylloscopidae (antes considerábase un Sylviidae) propia dos bosques abertos das rexións temperadas do norte de Europa e Asia. En Galicia é un invernante común. Ten unha lonxitude aproximada de 10 cm, unha envergadura de 15 a 21 cm e un peso de 6 a 9 g. Ten un modo de vida solitario e aliméntase capturando insectos e arañas da follaxe, en voo.

É unha ave migratoria que inverna no sur e oeste de Europa, sur de Asia e norte de África especificamente en bosques de montaña e en matogueiras de zonas sombrías.Rob Hume, Guía de campo de las aves de España y Europa, 2002. Ten unha cor verde olivácea cunha zona da cabeza máis amarelada. Foi dividida en varias subespecies, algunhas das cales foron consideradas especies de seu, e actualmente só se aceptan tres.

A femia constrúe o niño preto do chan e asume a maior parte das responsabilidades da incubación dos ovos e alimentación dos polos. O niño é herbáceo, en cúpula, e nel poñen de cinco a seis ovos nunha ou dúas niñadas, de abril a xullo. A pesar de que o macho non ten moita participación na crianza, defende o seu territorio contra os seus rivais e ataca posibles depredadores.

Está suxeito á depredación por parte dos mamíferos, como gatos, mustélidos e outras aves, sobre todo das rapaces do xénero Accipiter. Ademais pode adquirir parasitos externos e internos. A súa ampla gama e poboación indica que o seu estado de conservación é seguro; porén, unha das súas subespecies probablemente está extinta.

Taxonomía

O naturalista británico Gilbert White foi unha das primeiras persoas en separar os picafollas de aspecto similar P. collybita, P. trochilus e P. sibilatrix polo seu canto, como sinalou en 1789 na obra The Natural History of Selborne, pero o picafollas foi descrito formalmente por primeira vez en 1817 co nome Sylvia collybita polo ornitólogo francés Louis Vieillot no seu Nouvelle Dictionnaire d'Histoire Naturelle.

O xénero Phyllocopus, descrito polo zoólogo alemán Heinrich Boie en 1826, contén arredor de sesenta especies de pequenas aves insectívoras do bosque do Vello Mundo, as cales poden ser verdosas ou cafés pola parte superior e amareladas, brancas ou beixe por debaixo. Anteriormente o xénero formaba parte da familia Sylviidae do Vello Mundo, pero co tempo foi separado formando a súa propia familia, Phylloscopidae. Os parentes máis próximos aos picafollas, á parte das outras antigas subespecies, son un grupo de Phylloscopus que se parecen en que carecen de raias na parte superior da cabeza, teñen coxas amarelas ou barras de cor visibles na á. Estes son: Phylloscopus trochilus, Phylloscopus bonelli, Phylloscopus orientalis, Phylloscopus sibilatrix e Phylloscopus neglectus.

O picafollas europeo ten tres subespecies comunmente aceptadas, xunto con outras antigas subespecies da Península Ibérica, as Illas Canarias e o Cáucaso, que actualmente son tratadas como especies propias.P. Clement, Andreas J. Helbig, Taxonomía e identificación de los mosquiteros en el Paleártico Oeste. Brit. Birds, 1998Sangster, George; Knox, Alan G.; Helbig, Andreas J. & Parkin, David T. (2002):Taxonomic recommendations for European birds. Ibis 144(1): 153–159. ]

Subespecies

Phylloscopus collybita collybita, a forma representativa nominal, distribúese polo leste de Europa ata Polonia e Bulgaria e é a descrita máis abaixo. Inverna principalmente ao sur da súa zona de reprodución, arredor do Mediterráneo e no norte de África. Leva estendendo o seu territorio cara ao norte, ata Escandinavia, desde 1970 e preto do bordo sur do territorio do Phylloscopus collybita abietinus. Phylloscopus collybita abietinus, encóntrase en Escandinavia e na parte norte de Rusia. Inverna desde o sector sueste de Europa e nordeste de África oriental, ata Iraq e o oeste de Irán. En aparencia é intermedio entre P. c. tristis e P. c. collybita, de cor gris claro e verde oliva por encima cunha liña clara sobre o ollo e é máis branco que P. c. collybita na parte inferior. Porén, ten vocalizacións moi similares á subespecie representativa. Debido á variación individual, pode ser difícil diferenciar o P. c. abietinus do P. c. collybita fóra dos seus territorios de crecemento e invernada. miniatura|220px|Phylloscopus collybita tristis Phylloscopus collybita tristis, de Siberia, reprodúcese no leste do río Pechora en Siberia. Inverna nos Himalaias e visita Europa. É unha subespecie de cores apagadas, gris ou pardo por riba e abrancazado por debaixo, cuns tons amarelos na plumaxe e a liña beixe clara sobre o ollo é a miúdo máis longa que a das subespecies do oeste. Ten un canto e unha chamada curtas, ambas as dúas de ton máis alto que os das outras subespecies. Ás veces é considerada como unha especie á parte debido á súu plumaxe e vocalizacións características, sendo similar neses aspectos a Phylloscopus sindianus sindianus.Jochen Martens, Ringförmige Arealüberschneidung und Artbildung beim Zilpzalp, Phylloscopus collybita. Das lorenzii-Problem. Zeitschrift für Zoologische Systematik und Evolutionsforschung, 1982. O P. c. collybita non recoñece o canto do P. c. tristis e viceversa.M. Schubert, Mitteilungen aus dem Zoologischen Museum Berlin, 1982.Jochen Martens, C. Meincke, Der sibirische Zilpzalp (Phylloscopus collybita tristis): Gesang und Reaktion einer mitteleuropäischen Population im Freilandversuch. Journal für Ornithologie, 1989. Polo momento, P. c. tristis mantense dentro de P. collybita, xa que está pendente a resolución do caso sobre P. c. fulvescens, que se encontra no lugar onde os territorios de P. c. abietinus e de P. c. tristis se solapan e podería serI. M. Marova, V. V. Leonovich, Hybridization between Siberian (Phylloscopus collybita tristis) and East European (Ph. collybita abietinus) Chiffchaffs in the area of sympatry. Sbornik Trudov Zoologicheskogo Muzeya, Moskovskogo Gosudarstvennogo Universiteta, 1993 ou non un híbrido entre eles.

Antigas subespecies

P. ibericus, o picafollas ibérico, é de cores máis vivas, coa mitra máis verdosa e máis amarelado nas zonas inferiores que P. collybita. Inicialmente foi nomeado P. brehmii, pero o exemplar tipo utilizado resultou non ser un picafollas ibérico, polo que acabou tendo o nome de P. ibericus.Lars Svensson, "The correct name of the Iberian Chiffchaff Phylloscopus ibericus Ticehurst 1937, its identification and new evidence of its winter grounds". Bulletin of the British Ornithologists Club, 2001 Esta especie encóntrase na Península Ibérica ao oeste dunha liña que se estende aproximadamente desde o Pireneo occidental,Salomon, Marc (1989): Song as a possible reproductive isolating mechanism between two parapatric forms. The case of the chiffchaffs Phylloscopus c. collybita and P. c. brehmii in the western Pyrenees. Behaviour 111 (1–4): 270–290. a través das montañas de España central, ata o Mediterráneo; os picafollas ibéricos e os picafollas europeos ou comúns viven en bandadas reducidas ao longo desta liña.Balmori, Alfonso; Cuesta, Miguel Ángel; Caballero, José María (2002): Distribución de los mosquiteros ibérico (Phylloscopus brehmii) y europeo (Phylloscopus collybita) en los bosques de ribera de Castilla y León (España). Ardeola 49(1): 19–27. Agás a sección máis nórdica, o límite preciso da zona de contacto non está ben documentado. O picafollas ibérico é unha ave migratoria de longa distancia, xa que inverna no norte de África. Esta especie difire de P. c. collybita polas súas vocalizacións,Marc Salomon, Y. Hemim, Song variation in the Chiffchaffs (Phylloscopus collybita) of the western Pyrenees – the contact zone between collybita and brehmii forms. Ethology a súa morfoloxía externa,Marc Salomon, J. Bried, Andreas J. Helbig, J. Riofrío, Morphometric differentiation between male Common Chiffchaffs, Phylloscopus [c.] collybita Vieillot, 1817, and Iberian Chiffchaffs, P. [c.] brehmii Homeyer, 1871, in a secondary contact zone (Aves: Sylviidae). Zoologischer Anzeiger, 1997. e polas súas secuencias de ADN mitocondrial.Andreas J. Helbig, Marc Salomon, S. Bensch, I. Seibold, Male-biased gene flow across an avian hybrid zone: evidence from mitochondrial and microsatellite DNA. Journal of Evolutionary Biology, 2001. Existe hibridación na zona de contacto entre esta especie e o picafollas europeo, case sempre entre machos de P. ibericus e femias de P. c. collybita; e os híbridos aparentemente mostran unha eficacia biolóxica moi reducida; as femias híbridas parecen ser estériles, en consonancia coa regra de Haldane.Andreas J. Helbig, Marc Salomon, Michael Wink, Joël Bried, Absence de flux genique mitochondrial entre le Pouillots "veloces" medio-européen et ibérique (Aves: Phylloscopus collybita, P. (c.) brehmii); implications taxonomiques. Résultats tirés de la PCR et du séquencage d'ADN. C. R. Acad. Sci. III, 1993. Isto indica unha interesante conclusión: aparentemente o picafollas ibérico é a liñaxe máis antiga dos picafollas e é bastante diferente do picafollas europeo. P. canariensis, o picafollas das illas Canarias, é unha especie non migratoria que antigamente vivía nas illas Canarias, diferénciase de P. collybita pola súa morfoloxía, vocalizacións, características xenéticas, e non é simpátrica con ningunha outra especie de picafollas. No oeste, a subespecie representativa, P. c. canariensis das illas de El Hierro, La Palma, La Gomera, Tenerife e Gran Canaria, é máis pequena que o picafollas europeo e ten ás máis curtas e arredondadas. É de cor oliva ou parda por riba e ten os laterais e o peito de cor beixe. Ten un canto sonoro e grave, e unha chamada curta parecido á da subespecie nominal. No leste vivía P. c. exsul de Lanzarote e posiblemente Fuerteventura, era máis claro por riba e menos avermellado por debaixo que o seu parente do oeste, e tiña unha chamada curta e máis discordante. Podería ser unha especie distinta, pero en 1986 xa se extinguira, ou probablemente desde moito antes. As razóns da súa extinción non están claras, mais parece ser que sempre foran escasos e localizados, presentes só no val de Haría de Lanzarote.Eric Simms, British Warblers (New Naturalist Series), Collins, 1985 P. sindianus, é un picafollas de montaña que se encontra no Cáucaso (P. s. lorenzii) e nos Himalaias (P. s. sindianus), e é unha ave migratoria de altura, movéndose a niveis máis baixos en inverno. A subespecie nominal é similar a P. c. tristis, pero cun bico máis delgado e escuro, a parte superior de cor máis parda e os laterais de cor beixe; o seu canto é case idéntico ao de P. collybita, pero a súa chamada curta é máis feble. P. s. lorenzii ten unha cor parda máis cálida e máis escura que a subespecie tipo. A especie é simpátrica co picafollas europeo nunha área pequena do oeste do Cáucaso, pero a reprodución entre eles ocorre raramente, se é que ocorre. Este picafollas de montaña diferénciase de P. c. tristis nas súas vocalizacións,Jochen Martens, Sabine Hänel, Gesangformen und Verwandtschaft der asiatischen Zilpzalpe Phylloscopus collybita abietinus und Ph. c. sindianus. Journal für Ornithologie, 1981. morfoloxía externaStanley Cramp, The Birds of the Western Palearctic, Oxford, 1992. e nas secuencias de ADN mitocondrial. As súas dúas subespecies parecen ser distintas vocalmente, así como tamén mostran algunha diferenza nas secuencias de ADN mitocondrial; mantéñense na categoría de subespecie esperando investigación adicional.

Etimoloxía