miniatura|Macho e femia de éider real no seu hábitat natural en Alasca. miniatura|A rechamante cabeza do macho. miniatura|Éider real camiñando en Weltvogelpark Walsrode (Walsrode Bird Park) miniatura|Femia no Alaska Sea Life Center, Seward, Alasca miniatura|Ovos de Somateria spectabilis no MHNT O éider realPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Somateria spectabilis) é un gran pato mariño que se reproduce ao longo das costas do Ártico do nordeste de Europa, Norteamérica e Asia. En Galicia é unha ave accidental. Pasa a maior parte do ano en ecosistemas mariños costeiros nas latitudes altas e migra á tundra ártica para reproducirse en xuño e xullo. Pon de catro a sete ovos nun niño escarvado no chan forrado con herbas e penuxe.
Taxonomía e etimoloxía
Carl Linnaeus describiu por primeira vez esta especie en 1758 na 10ª edición da súa obra Systema Naturae, asignándoa ao xénero Anas, xunto co resto dos patos. En 1819, William Elford Leach trasladouno xunto cos outros éideres grandes ao xénero Somateria, onde permanece desde entón. Está moi estreitamente relacionado con outros membros do seu xénero, e pode hibridarse co éider común. Malia ter unha área de distribución moi ampla, é unha especie monotípica (sen subespecies).
O nome do xénero, Somateria, é unha combinación das palabras gregas sōma, 'corpo', e erion 'la', é dicir, 'corpo lanoso', facendo referencia ao famoso penuxe espeso e suave do éider. O nome específico spectabilis é a palabra latina que significa 'rechamante', 'salientable' ou 'digno de verse', pola elegancia da plumaxe do macho adulto. O nome común, éider real, equivale exactamente co seu nome islandés. "Éider" (ou "eider") deriva en última instancia do islandés æður,'éider', á súa vez derivada do Nórdico antigo æthr. Denomínase "real" porque a plumaxe do macho lembra a coroa e roupaxe dun rei.
Descrición
É un pato grande, que mide de 50 a 70 cm de lonxitude cunha envergadura de 86 a 102 cm. Os machos son, como media, máis pesados que as femias, cun peso medio de 1 668 kg nos machos e 1 56 kg nas femias. A masa dun individuo pode variar considerablemente dunha estación a outra, desde só 0,9 kg ata 2,2 kg. Como todos os éideres, a especie presenta dimorfismo sexual; o macho é lixeiramente meirande e, en plumaxe reprodutora, é moito máis colorido que a femia. O macho é inconfundible co seu corpo principalmente negro, peito branco con tons beixes e cabeza de múltiples cores. A cabeza, caluga e pescozo son grises azulados claros. A meixela é gris clara. O bico, que está separado da face por unha delgada liña negra, é vermello cunha punta branca e unha grande e distintiva protuberancia amarela. Algunhas terciarias están curvadas cara a arriba e forman unha especie de "esporóns" ao longo do dorso.
A femia é en conxunto de cor marrón cálido, lixeiramente máis claro na cabeza e no pescozo. As plumas nas súas partes superiores e flancos están marcadas con chevróns anegrados, mentres que os do seu pescozo e cabeza levan finas liñas negras. Ten unha mancha beixe na base do bico e un anel ocular beixe que se estende facendo unha banda curva cara a atrás detrás do ollo. O bico da femia foi descrito como negro ou gris, e as súas patas e pés son grises verdosos.
Os exemplares novos son marróns agrisados. A finais do seu primeiro outono, os machos novos mudan nunha plumaxe máis escura, con peito e mitra brancos; tardan tres anos en adoptar a plumaxe completa de adulto.
Hábitat e área de distribución
O éider real é unha especie circumpolar do Ártico. Reprodúcese nas costas do Ártico de Alasca, Canadá, Groenlandia, Svalbard e Rusia, utilizando diversos hábitats de tundra. Inverna nas áreas mariñas do ártico e subártico, principalmente no mar de Bering, a costa oeste de Groenlandia, leste do Canadá e norte de Noruega. As aves invernantes poden formar grandes bandadas en augas costeiras axeitadas, e algunhas delas constan de máis de 100 000 exemplares. Tamén aparece anualmente fronte ás costas do nordeste dos Estados Unidos, Escocia e Kamchatka.
Comportamento
Alimentación
As estratexias de alimentación do éider real cambian dependendo da estación. Durante a maior parte do ano, vive no mar, onde se mergulla para comer invertebrados bentónicos. Durante a estación reprodutora, a maior parte da súa busca de alimento realízaa en lagos e lagoas de auga doce, a onde fai incursións, alimentándose principalmente de pequenos invertebrados recollidos na superficie da auga. Aliméntase de moluscos, crustáceos como cangrexos reais e ourizos de mar, estrelas de mar e anemones.
Reprodución
A femia constrúe un niño escarvando no chan, xeralmente preto da auga. Fórrao con vexetación e penuxe do seu propio corpo. Pon de 2 a 7 ovos, que só ela choca durante 22 ou 23 días. As crías cóidanas as femias colectivamente.
Vocalización A canción do macho é unha especie de arrolo de pomba trémulo transcrito como croo-croo-croo ou hoo-hoo-hooo. A femia fai diversos cacarexos baixos e gruñidos.
Lonxevidade O éider real máis vello coñecido era unha femia que viviu polo menos 18 anos e 11 meses. Era unha ave que fora anelada cando era xa adulta ao sur de Gambell, Alasca en 1940, que foi cazada en 1958 en Utqiagvik, Alasca.
Conservación e ameazas Debido á súa gran poboación e vasta área de distribución, o éider real está considerado como "especie pouco preocupante" pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza. O éider real é unha das especies ás que se aplica o Acordo sobre a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-eurasiático (AEWA).
Os ovos e crías de éider real teñen moitos predadores, como a gaivota hiperbórea, o corvo grande, a palleira parasita e o raposo ártico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Obras citadas
Identificación e crecemento
Ligazóns externas Texto sobre o éider real, mapa e fotografías en Oiseaux.net
Categoría:Anátidos Categoría:Animais descritos en 1758