Enrique Aller López, nado en Lalín en 1948 e finado no Perú o 6 de xuño de 1999,La Voz de Galicia, 8-6-1999, p. 11. foi un avogado e cooperante galego.

Traxectoria Fillo de Enrique Aller Goyanes. Estudou no ICADE, do que foi expulsado, e despois na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciado en dereito, comezou a traballar en Madrid con Enrique Barón. Retornado a Galicia, en 1973 foi asesor do Colexio de Arquitectos e montou un despacho laboralista na Coruña con Carlos Cerviño, Paco Pampín e Enrique Capeáns. Marchou a Suramérica como cooperente. En Nicaragua axudou a crear o novo código laboral. Gañou un concurso da Unión Europea para desenvolver a autonomía palestina. Morreu nunha estrada da Amazonia coa bióloga Mercedes Arteche Prieto, cando cooperaba no Perú como director do programa dos Desprazados pola Violencia en apoio dos indios Asaninka .La Voz de Galicia, 12-6-1999, p. 7.

Vida persoal

Compañeiro de Concha López Sánchez, foi pai de tres fillos, Antón, Ulla e Sara.

Recoñecementos

O Concello de Lalín outorgoulle a Folla de Carballo de prata a título póstumo en 2003.La Voz de Galicia, 25-1-2003, p. L15.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Enrique Aller Hartos de normas, límites y horarios

Categoría:Avogados de Lalín Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1948 Categoría:Finados en 1999 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes