A Rúa do Cardeal Rodrigo De Castro é unha rúa da cidade de Monforte de Lemos. Trátase dunha rúa peonil situada entre as prazas da Compañía e de España, situada no centro da cidade. É a principal rúa da cidade, na que ao longo da súa historia se estableceron diversos negocios que a converteron no centro social e comercial monfortino, e moitos documentos oficiais dende o século XIX refírense a esta rúa como "a mellor da poboación”.

Historia A historia da rúa do Cardeal está ligada ao Colexio de Nosa Señora da Antiga, cuxas obras se iniciaron en 1593 e que foran patrocinadas polo cardeal Rodrigo de Castro Osorio. A finais de xullo ou principios de agosto de 1594 o cardeal chegou a Monforte, e logo de ver a localización do colexio decidiu proxectar unha vía de 30 pés de ancho para facilitar o acceso ao edificio dende o centro da vila. Contra o final do ano 1595 xa case estaba finalizada.

Denominación A rúa recibe o seu nome en honor do cardeal Rodrigo de Castro Osorio, que foi o seu artífice. É frecuentemente denominada simplemente como "Rúa do Cardeal" ou "Cardeal", se ben dende 1897 a súa denominación é Rúa do Cardeal Rodrigo de Castro:

Un tramo da rúa, coñecido popularmente como "Cardeal Estreito", pasou a denominarse oficialmente "rúa dos sedeiros" nun pleno do 14 de novembro de 1897:

A denominación de "rúa dos sedeiros" da parte coñecida actualmente como "Cardeal Estreito" mantívose ata o 5 de outubro de 1921, por acordo plenario decidiuse mudar o nome a "rúa dos irmáns Victoriano e José González":

Con todo, os documentos oficiais non reflectiron esta mudanza de 1921 e denominan a toda a vía "Cardeal Rodrigo de Castro".

Arquitectura Na rúa Cardeal encóntrasse algúns edificios destacados da cidade:

Nº 4: Antigo Hotel Victoria, probablemente de principios do século XX. En estado de abandono dende o seu peche. En 2016 propúxose a súa conversión en albergue para peregriños, mais esta non chegou realizarse Nº 18: unha vella casa grande do século XIX en cuxa fachada pode verse un brasón do Corpo de Enxeñeiros da Armada, que acolle dende 2001 o "Espazo +60" de Afundación, obra social da entidade bancaria ABANCA.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Rúas de Monforte de Lemos