Manuel Domínguez Santamaría, nado na Arnoia en 1908 e finado en 1979, foi un autor e director teatral e activista cultural galego do Uruguai. miniatura|O fidalgo de Xesús San Luís Romero. Traxectoria Emigrou a Montevideo aos sete anos de idade, onde cursou os estudos universitarios. Anarquista, participou na creación da Universidade Popular en 1931. Fundou e dirixiu o "Teatro del Pueblo" en 1937 e foi director da primeira escola de arte dramática do país. En varios centros impartiu clases e cursos de Arte Escénica, Psicoloxía, Expresión Dramática e Historia do Teatro. Foi xerente da compañía do gas de Montevideo. Colaborou en varias publicacións. Foi redactor de Alma Gallega na súa terceira etapa. Dirixiu a representación de O fidalgo, drama en tres autos, verso galego de Xesús San Luís Romero con Antón Crestar. Impulsou "La Comedia Nacional" e, en 1962, o "Teatro Popular Galego". Presidiu o Centro Republicano Español de Montevideo. Exerceu a dirección escénica e actuou como asesor artístico en varias institucións.
Vida persoal Casou coa actriz Flor de María Bonino.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
The World Encyclopedia of Contemporary Theatre, varias edicións. Routledge .
Ligazóns externas Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego Confederación Nacional do Traballo.
Categoría:Directores de teatro do Uruguai Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Nados na Arnoia Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Anarquistas do Uruguai