Mary Busingye Karooro Okurut, nada en Bushenyi o 8 de decembro de 1954 e finada en Kampala o 11 de agosto de 2025, foi unha profesora, escritora e política de Uganda, máis coñecida como Mary Karooro Okurut. Desde xuño de 2016 traballou na oficina do Primeiro Ministro de Uganda.
Traxectoria Fixo a educación primaria e secundaria en Bweranyangi. En 1972 ingresou no Trinity College Nabbingo para comezar a educación superior. Entre 1974 e 1977 estudou Artes na Universidade Makerere, especializándose en Literatura. En 1981 rematou un mestrado sobre Literatura na mesma universidade, e en 1982 recibiu unha diplomatura en Educación pola mesma institución. Ao tempo, comezou a traballar como lectora no Departamento de Literatura, onde estivo até 1993.
Entre 1994 e 1996 foi secretaria de prensa do Vicepresidente de Uganda. Entre 1996 e 1999 estivo na Comisión do Servizo de Educación no Ministerio de Educación, e entre 1999 e 2004 foi secretaria de prensa do Presidente de Uganda. En 2004 foi elixida como cargo político. no Parlamento de Uganda polo Distrito de Bushenyi representando o Movemento de Resistencia Nacional.
De maio de 2013 a maio de 2015 traballou no Ministerio de Información. Entre 2012 e 2015 traballou no Ministerio de Xénero e Asuntos Sociais, en substitución de Syda Bumba, que dimitira do cargo. Do 1 de marzo de 2015 ao 6 de xuño de 2016 traballou no Ministerio de Seguridade Nacional, substituíndo Wilson Muruli Mukasa cando este foi nomeado Ministro de Xénero e Asuntos Sociais.
Antes de iniciar a súa carreira política Okurut era coñecida pola súa contribución á literatura de Uganda. En 1995 foi unha das fundadoras de FEMRITE, Asociación de Mulleres Escritoras de Uganda.
Vida persoal Casou con Stanislaus Okurut, con quen tivo cinco nenos e tres nenas, e ficou viúva o 5 de abril de 2014. Era de relixión protestante.
Obra The curse of the sacred cow (1994) The Invisible Weevil (novela, 1998) The Official Wife (novela, 2003)
Participación en obras colectivas A Woman's Voice (relatos, 1998)
Notas
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2025 Categoría:Nados en Uganda Categoría:Escritores de Uganda Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Políticos de Uganda Categoría:Alumnos da Universidade Makerere