Ernesto Daranas Serrano, nado na Habana o 7 de decembro de 1961, é un director e guionista de cine, radio e televisión cubano de orixe galega.
Traxectoria Licenciado en Pedagoxía e Xeografía no ano 1983. Comezou con éxito dende moi cedo na radio escribindo de todo: crónicas, teatro, contos, series dramáticas e radionovelas e máis tarde na televisión, onde foi guiónista para contos e telefilmes, que non sempre dirixiu. En 2004 escribiu o guión e co-dirixiu xunto a Natasha Vázquez o documental Os últimos gaiteiros da Habana, un documental sobre Eduardo Lorenzo, gaiteiro galego-cubano, e sobre a súa volta a Galicia. O documental gañou o Premio Internacional de Xornalismo Rei de España e a este seguíronlle outros dous sobre emigrantes galegos en Cuba, Fillas de Galicia (2005) e Gallegos: oficio de emigrantes (2008), ambos dirixidos por Natasha Vázquez e con guión de Ernesto Daranas. Tamén en 2008 dirixiu o documental Peregrinos. Polos seus documentais sobre emigrantes de Galicia, Natasha Vázquez, Ernesto Daranas e Rigoberto Senarega, recibiron conxuntamente a Medalla Castelao no ano 2005, as últimas presididas por Manuel Fraga.
Tamén no 2004 Daranas dirixiu o telefilme ¿La vida en rosa?, do que escribiu o guión. Este traballo gañou o Gran Premio do I Festival Nacional de Televisión de Cuba máis outros seis, incluíndo a mellor dirección e guión orixinal, e converteuse rapidamente nunha obra de culto dentro do audiovisual cubano. O traballo de Daranas tratou sempre dun xeito ou outro os problemas da sociedade da Habana, como a prostitución, a pobreza, a ausencia dos pais, e outros problemas da sociedade.
Filmografía
Como director
Longametraxes
¿La Vida en Rosa? (2004). Los dioses rotos (2009). Conducta (2014). La emboscada (2015). Sergio & Sergei (2017).
Documentais
Ana y las Cotorras (2003). Los últimos gaiteiros de La Habana (2004). Peregrinos (2009). 2, con Omara y Chucho (2010). Bluechacha (2010).
Como guionista
Longametraxes
Knepp (2010).
Documentais
Havana (1990-1997) Serie de curtas documentais. Cocodrileros (1999). La tierra más hermosa (1998-2000). Serie documental. Episodios: La Isla de los Faros (1999). Viñales, los milagros del agua (1999). Cimarrón (2000). De vuelta al Paraíso (2000). Santa Cruz, la Tragedia (2000).
El mar de los naufragios (2001). Martín Infierno (2002). Fillas de Galicia (2005)
Series de televisión
Propietario del Alba (1999).
Curtametraxes
El hombre de Venus (2003). El otro (2003).
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados na Habana Categoría:Medallas Castelao Categoría:Cubanos de ascendencia galega Categoría:Directores de cinema de Cuba