Deogracias Carballo Alonso, nado en San Xoán de Río cara 1900 e finado en Lugo o 26 de setembro de 1939, foi un carpinteiro e político galego.

Traxectoria Carpinteiro de Medos (San Xoán de Río). Militante das Xuventudes Socialistas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 botouse ao monte e integrouse nunha partida de fuxidos. Detido en Lugo, ingresou na prisión provincial o 17 de novembro de 1938. Foi xulgado por adhesión á rebelión e condenado a pena de morte. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en San Xoán de Río Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Carpinteiros