Chékéba Hachemi (), nada en Cabul o 20 de maio de 1974, é unha diplomática, activista feminista e escritora afgá.

Traxectoria En 1986, tras a invasión soviética, emigrou a Francia. Estudou na ESCP Europe de París.

En 1996 fundou a ONG Afghanistan Libre, pola defensa dos dereitos das mulleres e rapazas afgás baixo o réxime talibán, co propósito de facilitar o acceso á educación, a saúde e o desenvolvemento persoal nas áreas rurais, así como dar a coñecer as condicións de vida das mulleres do seu país. Durante dez anos a organización publicou a revista Roz.

En xaneiro de 2002 foi nomeada secretaria da embaixada afgá na Unión Europea. En xullo de 2005 foi nomeada polo goberno de Cabul conselleira do vicepresidente, a cargo dos proxectos de prioridade nacional. En marzo de 2007 foi nomeada conselleira do presidente Hamid Karzaï, traballando desde París. Deixou o seu cargo en 2009. Nese ano formou a compañía consultora Epoke Conseil canda a Marie-Françoise Colombani para promover a igualdade de xénero en Francia, así como CH Consulting, especializada no estudo e o deseño de proxectos sociais encol do rol da muller nas empresas.

En 2019 formou parte da organización da conferencia internacional Stand, Speak, Rise Up como conselleira de estratexia da Gran Duquesa María Teresa de Luxemburgo, co fin de rematar coa violencia sexual, en colaboración con We are not weapons of war e a Fundación Denis Mukwegehttps://www.mukwegefoundation.org/mukwege-foundation/.

Obra Pour l'Amour de Massoud (2005, con Sediqa Massoud; Prix Vérité) L'Insolente de Kaboul (memorias, 2012)

Recoñecementos

2001: Premio Femme en or 2008: Premio Mulleres pola Educación, do Foro Económico das Mulleres 2012: Premio polos Dereitos Humanos da República Francesa 2014: Medalla de Ouro do Forum polos Dereitos Humanos Crans Montana 2014: Cabaleiro da Orde Francesa do Mérido Nacional 2016: Premio RAJA pola educación e a acción social 2017: Premio do Apoderamento Positivo da Fundación Planeta Positivo

Notas

Categoría:Nados en 1974 Categoría:Nados en Cabul Categoría:Escritores de Afganistán Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Feministas de Afganistán Categoría:Diplomáticos