Mai Yamani (), nada no Cairo o 6 de setembro de 1956, é uha antropóloga e profesora saudita.
Traxectoria Filla de nai iraquí, de Mosul, e de pai saudita, da Meca, Ahmed Zaki Yamani, que foi Ministro de Petróleo durante a crise do petróleo de 1973. A familia paterna era do Iemen, de onde tomaron o apelido Yamani ("do Iemen").
Foi á escola en Bagdad e na Meca, e foi ao instituto Château Mont-Choisi en Losana, Suíza entre 1967 e 1975. Graduouse summa cum laude no Bryn Mawr College en Pensilvania, e fixo un mestrado en antropoloxía social no Somerville College da Universidade de Oxford. Despois doutorouse pola mesma institución.
Foi lectora universitaria en Arabia Saudita, e despois traballou en laboratorios de ideas no Royal Institute for International Affairs de Londres, a Brookings Institution de Washington, D.C., e no Carnegie Middle East Center de Beirut.
Fala árabe, inglés, francés e castelán, e entende o persa, o hebreo e o italiano.
Obra هويات متغيرة : تحديات الجيل الجديد في السعودية (Changed Identities: The Challenge of the New Generation in Saudi Arabia; Royal Institute of International Affairs, 2000) Cradle of Islam: The Hijaz and a Quest for Arabian Identity (I.B.Tauris, 2009)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas https://www.maiyamani.com/ Mai Yamani en Project Syndicate
Categoría:Nados en 1956 Categoría:Nados no Cairo Categoría:Escritores de Arabia Saudita Categoría:Antropólogos de Arabia Saudita Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford Categoría:Personalidades sen imaxes