Nathalie Sarraute, nada en Ivánovo o 19 de xullo de 1900 e finada en París o 19 de outubro de 1999, foi unha escritora en lingua francesa de orixe rusa.
Traxectoria Naceu como Natacha Tcherniak en Ivanovo, unha localidade próxima a Moscova. A súa infancia pasouna entre Francia e Rusia ata que en 1909 marchou co seu pai para vivir definitivamente en París, estudou dereito na Sorbona, historia en Oxford e socioloxía en Berlín. En 1932 escribiu o seu primeiro libro, Tropismes que publicou en 1939. En 1941 por causa das leis nazis tivo que deixar a súa profesión de avogada. En 1956 publicou L'Ère du Soupçon un ensaio que serviu como primeiro manifesto da Nouveau roman. Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Escritores de Francia Categoría:Nados en 1900 Categoría:Nados no óblast de Ivánovo Categoría:Finados en 1999 Categoría:Novelistas de Francia