Antonio Fernández Fernández, coñecido como Pavito, nado en Cangas de Morrazo e finado en Pontevedra o 27 de xullo de 1937, foi un albanel e político galego.
Traxectoria Albanel veciño de Darbo. Presidente da Sociedade de Oficios Varios adscrita á UGT e militante do PSOE. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 12 de maio de 1937 con José Gallego Nogueira, Agustín Sanjuán Sansinenea, José Mejuto Bernárdez, José Meis Martínez, Gumersindo Gastiasoro, Germán Chapela Leiro e Ángel Martínez Fandiño, foi condenado a pena de morte. Foi executado na Caeira (Poio) con José Gallego, José Mejuto e José Meis, e Francisco Varela Garrido de Cerdedo o 27 de xullo de 1937. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Cangas de Morrazo Categoría:Finados en 1937 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos