Arvydas Macijauskas, nado o 19 de xaneiro de 1980 en Klaipėda, é un ex xogador lituano de baloncesto profesional que xogaba na posición de escolta. É considerado un dos mellores baloncestistas lituanos dos anos 2000, conseguindo moitos galardóns individuais, de equipo e coa súa selección.

Traxectoria Macijauskas debutou coma profesional en 1996 co equipo da súa cidade natal, o Neptūnas, equipo no que xogou durante tres tempadas e onde acadou 12.7 puntos por encontro. Xogou as seguintes catro tempadas no Lietuvos rytas, onde gañou a liga lituana nos anos 2000 e 2002. Ademais foi elixido coma mellor xogador da liga nos anos 2002 e 2003. Na súa etapa no Lietuvos rytas, fixo 15.3 puntos en 143 partidos.

Macijauskas fichou polo Saski Baskonia da Liga ACB para as dúas seguintes tempadas, onde conquistou a Copa do Rei en 2004. En 2005, Macijauskas asinou cos New Orleans/Oklahoma City Hornets da National Basketball Association (NBA), onde apenas participou, xogando tan só 135 minutos en 19 partidos. O 20 de xullo de 2006, Macijauskas asinou co Olympiacos BC grego. En xuño de 2010, anunciou a súa retirada coma xogador de baloncesto profesional.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Estatísticas NBA en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados no condado de Klaipėda Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Lituania Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores do KK Neptūnas Klaipėda‎ Categoría:Xogadores do BC Lietuvos Rytas Categoría:Xogadores do Saski Baskonia Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores do Olympiacos BC Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2004