Astérix en Britania (en ) é o oitavo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicada de forma serializada na revista Pilote, nos números 307-334, en 1965, e en álbum en 1966. Conta a historia da viaxe de Astérix e Obélix na Britania ocupada por Roma.
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1997 baixo o título Astérix na terra dos bretóns. En abril de 2019, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín e Isabel Soto para Edicións Xerais co título Astérix en Britania.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Astérix en Bretaña, filme de animación de 1986 baseado no álbum.
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1966 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego