Tibirita é un concello colombiano que se atopa no departamento de Cundinamarca. Forma parte da provincia de Almeidas, e atópase a 129 quilómetros de Bogotá, distrito capital.
Historia Na época precolombiana, o territorio do actual concello de Tibirita estivo habitado polo pobo muisca, nun casarío situado no cerro Renquirá.
Trala chegada dos españois, o poboado foi trasladado dende Renquirá até o lugar no que se atopa no presente. Alí levantou os seus apousentos Diego Hernández. O primeiro encomendeiro de Tibirita foi Cristóbal Arias de Monroy, natural da vila de Almodóvar del Campo, quen foi soldado do adiantado Gonzalo Jiménez de Quesada.
O 8 de xullo de 1593 a vila de Tibirita foi fundada polo oidor Miguel de Ibarra.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Concellos de Cundinamarca Categoría:Confederación muisca