Astérix nos Xogos Olímpicos (en ) é o décimo segundo volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi lanzada en versión serializada pola revista Pilote nos números 434–455 en 1968 (para cadrar cos Xogos Olímpicos de 1968). A historia satiriza a dopaxe no deporte.
Foi traducido ó galego por Antonio Pichel e publicado pola Editorial Galaxia en 1996. En maio de 2021, publicouse unha nova tradución de Xavier Senín, Isabel Soto e Alejandro Tobar para Edicións Xerais co mesmo título.
Notas
Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 1968 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego