Xan Adil Ilia, B.S.Tamén Jean Adel Elya, John Adel Elia, John Adel Elya, John Elya. (en ), nado en Marduxa (Líbano) o 16 de setembro de 1928 e finado o 19 de xullo de 2019, foi un relixioso greco-melquita libanés, bispo de Nosa Señora da Anunciación en Newton entre 1993 e 2004.

Traxectoria Naceu o 16 de setembro de 1928 en Marduxa, unha vila do sur do Líbano. En 1949 fixo a profesión solemne na Orde Basiliana do Santísimo Salvador. Foi ordenado sacerdote basiliano o 17 de febreiro de 1952. Licenciouse en Teoloxía pola Pontificia Universidade Gregoriana de Roma. En 1977 foi nomeado arquimandrita.

O 21 de marzo de 1986 foi nomeado bispo auxiliar da eparquía de Newton e bispo titular de Abila Lysaniae. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño do mesmo ano de mans do patriarca Máximo V.

O 25 de novembro de 1993 foi nomeado bispo de Newton, e tomou posesión da sé o 25 de xaneiro de 1994.

Deixou o cargo ao superar a idade canónica, o 22 de xuño de 20004, e finou o 19 de xullo de 2019 no mosteiro do Santísimo Salvador en Xun, no distrito de Xuf do Líbano.

Notas

Categoría:Nados en 1928 Categoría:Nados en Marduxa Categoría:Finados en 2019 Categoría:Relixiosos católicos do Líbano Categoría:Basilianos salvadorianos Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos dos Estados Unidos de América Categoría:Bispos da Igrexa católica greco-melquita Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI