O aniversario de Astérix e Obélix. O libro de ouro (en ) é o trixésimo cuarto volume da serie de banda deseñada Astérix, deseñado e escrito por Albert Uderzo. O libro tamén inclúe historias de Astérix que foron creadas conxuntamente con René Goscinny. O álbum, que celebra o 50 aniversario da creación da serie, foi publicado orixinalmente en francés o 22 de outubro de 2009. O álbum comeza cun prefacio onde Uderzo responde ás críticas do seu traballo en solitario, especialmente do álbum anterior, Le Ciel lui tombe sur la tête. Tamén aclara que O libro de ouro non é unha única historia, senón unha sucesión de historias curtas que celebran o 50 aniversario dos heroes.

Foi traducido ó galego por Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto e publicado pola editorial Bruño en outubro de 2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro en Bruño

Categoría:Álbums de Astérix Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Obras literarias en francés Categoría:Obras traducidas do francés ao galego