Luís Varela Sobrado, nado en Palmou (Lalín) en 1907 e finado en Tenorio (Cerdedo Cotobade) o 9 de novembro de 1936, foi un canteiro e sindicalista galego.

Traxectoria Trasladouse a Botos co inicio das obras do ferrocarril Ourense-Santiago. Afíliouse á Sociedade obreira La Equidad e converteuse no seu presidente. Foi detido en novembro de 1934 xunto con José González, acusado de coacción aos obreiros do ferrocarril con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 acudiu a Lalín o día 19. Participou na reunión con Manuel Ferreiro do día seguinte. Foi detido o 1 de setembro e internado no cuartel de Falange, onde foi torturado e obrigado a asinar unha declaración inculpatoria e mais a entregar os libros da sociedade, que serviron aos falanxistas para practicar novas detencións. Foi trasladado o 4 de novembro á illa de San Simón, de onde o sacaron o 9 de novembro de 1936 xunto a outros dez de Lalín e Arbo, para asasinalos na Volta do Couto, na parroquia de Tenorio (Concello de Cotobade).

Vida persoal Casou con Leonisa González en 1932. Tivo dous fillos: Germán e Elena Varela González.

Véxase tamén Bibliografía Igrexas, Manuel: "A masacre dos líderes obreiros en Tenorio" (30/8/2012) en Historias de Deza. Ligazóns externas Ficha en memoria da Coruña

Categoría:Sindicalistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia

Categoría:Nados en Lalín Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos