é un filme xaponés de 1997 dirixido por Hideaki Anno, Masayuki e Kazuya Tsurumaki. É o primeiro filme baseado na serie Neon Genesis Evangelion e consta de dúas partes, Death e Rebirth, separadas por unha curta pausa. Foi estreado, xunto coa súa continuación, The End of Evangelion, en resposta ó éxito da serie de televisión e unha forte demanda dos seareiros por outro final. Dende entón foi reeditado e relanzado numerosas veces.
Sinopse Morte
A primeira parte, Death, é unha edición de 67 minutos de duración dos primeiros 24 episodios de Neon Genesis Evangelion en forma de clip show, con imaxes nunca vistas na emisión orixinal.
Renacemento
A segunda parte Rebirth, é unha animación completamente nova de 27 minutos que posteriormente formarían o primeiro terzo do filme The End of Evangelion, estreado catro meses despois. Debido a limitacións de tempo, Rebirth só abrangue os preparativos iniciais do Proxecto de Complementación Humana e a invasión do Geofront polo JSSDF, rematando coa chegada dos Evas producidos en masa. (En The End of Evangelion, a versión final do episodio 25 conclúe co final da pelexa de Asuka cos Evas de produción en masa).
Personaxes Personaxe Voz xaponesa Shinji Ikari Megumi Ogata Rei Ayanami Megumi Hayashibara Asuka Langley Soryu Yūko Miyamura Kaworu Nagisa Akira Ishida Misato Katsuragi Kotono Mitsuishi Gendo Ikari Fumihiko Tachiki Ryoji Kaji Kōichi Yamadera Ritsuko Akagi Yuriko Yamaguchi Kozo Fuyutsuki Motomu Kiyokawa Toji Suzuhara Tomokazu Seki Kensuke Aida Tetsuya Iwanaga Makoto Hyuga Hiro Yūki Shigeru Aoba Takehito Koyasu Maya Ibuki Miki Nagasawa Keel Lorentz Mugihito Naoko Akagi Mika Doi Hikari Horaki Junko Iwao Yui Ikari Megumi Hayashibara Kyoko Zeppelin Soryu Maria Kawamura Pen Pen Megumi Hayashibara
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hideaki Anno Categoría:Filmes dirixidos por Kazuya Tsurumaki Categoría:Filmes de Neon Genesis Evangelion Categoría:Filmes de 1997 con versión en galego