Ondřej Balvín, nado o 20 de setembro de 1992 en Ústí nad Labem, é un xogador profesional de baloncesto checo que xoga para o Gunma Crane Thunders da B.League. Cunha estatura de 2,17 metros xoga na posición de pivote.
Traxectoria Balvín comezou a súa etapa profesional no USK Praha, onde xogou de 2009 a 2010. En 2010 asinou co CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou durante seis tempadas. En 2014, presentouse ó Draft da NBA, pero non foi seleccionado.
En xullo de 2016, Balvín uniuse ós Denver Nuggets para a Liga de Verán da NBA de 2016. O 25 de xullo de 2016, asinou un contrato de dous anos co Bayern München da Basketball Bundesliga. O 31 de xaneiro de 2017, foi cedido ata o final de tempada 2016-17 ó CB Estudiantes da Liga ACB.
O 1 de xullo de 2017, Balvín asinou un contrato por unha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB. O 23 de xullo de 2019, Balvín asinou un contrato dun ano co Bilbao Basket. O 3 de xuño de 2020, anunciouse a renovación do contrato de Balvín co Bilbao Basket unha tempada máis.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na rexión de Ústí nad Labem Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos da República Checa Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do CB Sevilla Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do CB Estudiantes Categoría:Xogadores do CB Gran Canaria Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores da selección de baloncesto da República Checa Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2020