miniatura|160px|Situación de N'dalatando en Angola. N'dalatando, tamén coñecida como Nadalatando,Nadalatando: Evolução da Mancha Urbana . ONU Angola. Agosto de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2019. é unha cidade e comuna angolana, sede do municipio de Cazengo e capital da provincia de Cuanza Norte.

Situada a unha altitide de 670 msnm, a comuna abarca unha superficie de 1 793 km2.

Segundo as proxecións de poboación de 2018, elaboradas polo Instituto Nacional de Estatística de Angola, conta cunha poboación aproximada de 130 000 habitantes,Schmitt, Aurélio. Municípios de Angola: Censo 2014 e Estimativa de 2018. Revista Conexão Emancipacionista, 3 de febreiro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2019. polo que a súa densidade de poboación nese ano era duns 72,5 hab./km2.

Desde 1936 até 1975 tivo o nome de "Vila Salazar", en homenaxe ao daquela presidente do Consello de Ministros portugués, António de Oliveira Salazar. Despois da independencia de Angola o nome foi cambiado polo actual.

Notas

Categoría:Cidades de Angola