Ramón Sandoval Pérez, nado na Riba (Barantes, Sober) en 1961, é un escritor galego.

Traxectoria Funcionario de Correos. Por mor do seu traballo residiu en Villaviciosa (Asturias), A Rúa (Ourense) e dende 1995 vive en Vigo. Ata mediados dos anos noventa escribiu en castelán e colaborou con diversas revistas literarias como Aguamarina, Arboleda, Cuadernos de Poesía Nueva, El Parnaso, Gemma, Manxa, Nirvana Populi, Peliart e Temas de Asturias. Nesta época publicou o seu primeiro poemario Como una lluvia.

Desde 1995 empezou a escribir en galego. Publicou en 2013 Territorios estraños, galardoado co VI Premio de Poesía Victoriano Taibo. En 2017 saíu á luz Zocas e decibelios, libro no que están incluídos dous poemarios: A pel no asfalto e Cartografía da infancia. En 2019 publicou Nas esquinas do frío, premio de poesía Avelina Valladares.

Obras Como una lluvia (1990) Territorios estraños (2013) Zocas e decibelios (2017) Nas esquinas do frío (2019) Libros colectivos

Antología de poetas españoles e hispanoamericanos de hoy (1987) Versos y voces de Prometeo (1991) 4º e 5º Encontro de poetas valdeorreses (1992) Antología: los nuevos poetas (1994) Nove encontros na coroa e o que nos queda (2017) Portugalicidades (2018) Roseiras de rosas roxas (2019)

Premios XI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 1997, por Houbo un tempo en que fomos nenos I Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, 2012, por Cicatrices do insomnio XVIII Certame Literario Manuel Oreste Rodríguez López, 2013, por Conta atrás VI Premio de poesía Victoriano Taibo, 2013 por Territorios estraños VII Concurso Literario do COPG “Rosa de Cen Follas”, 2014, por Os que estamos malditos XXIII Certame Literario A Pipa, 2014, por Corazón de lóstrego XXIV Certame Literario A Pipa, 2015, por Axuste de contas XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán, 2017, por Náufragos da cidade XXIII Premio de poesía Avelina Valladares, 2019, por Nas esquinas do frío

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1961