Sonomyn Udval, nada en Dashinchilen (sum da provincia de Bulgan) o 21 de febreiro de 1921 e finada en 1991, foi unha escritora e política mongol.

Traxectoria Dirixiu o Consello Central do Sindicato Mongol entre 1956 e 1958. Foi a primeira secretaria e despois presidenta da Asociación de Escritores Mongois, directora e presidenta do Comité Mulleres de Mongolia entre 1973 e 1982, e vicepresidenta do Comité de Veteranos de Loita Revolucionaria. Udwal foi elixida deputada do Gran Khural do Pobo (Parlamento) en varias circunscricións entre 1951 e 1986. En 1966 uniuse ao Comité Central do Partido do Pobo de Mongolia, que deixou en 1990.

Os seus libros foron traducidos a varias linguas. Descrita como unha "autora destacada de relatos". En 1967 defendeu que a literatura soviética xogara un rol importante no desenvolvemento da literatura mongol.

Recoñecementos Medalla de Ouro da Paz Joliot-Curie 1965 no World Council of Peace Premio Lotus de Literatura Afro-Asiática 1971

Obra Odgerel (novela, 1957) The First Thirteen (novela) Khatanbaatar (novela) Great Destiny (novela, 1973) Tuuž ögüüllėg (novela, 1974) Magsarjav (novela) Amais, publicou diversos libros de relatos.

Notas

Categoría:Políticos de Mongolia Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1991 Categoría:Nados en Mongolia Categoría:Escritores de Mongolia Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Escritores en lingua mongol