Mukesh Dhirubhai Ambani, nado en Adén o 19 de abril de 1957, é un magnate dos negocios indio, director e principal accionista de Reliance Industries Limited (RIL), compañía da Fortune Global 500 e a máis valiosa da India polo seu valor de mercado.8250964307 Segundo a revista Forbes, é o home máis rico de Asia e a 13.ª persoa máis rica do mundo en marzo de 2019.
Vida privada Mukesh Dhirubhai Ambani é fillo de Dhirubhai Ambani e Kokilaben Ambani e ten un irmán máis novo, Anil Ambani e dúas irmás, Nina Bhadrashyam Kothari e Dipti Dattaraj Salgaocar.
En 1985 casou con Nita Ambani e teñen dous fillos, Anant e Akash, e unha filla, Isha. Coñecéronse despois de que o pai del acudise a unha actuación de danza na que participou Nina e pensou na idea de amañar un matrimonio entre os dous. Viven en Antilia, un edificio privado de 27 pisos en Mumbai valorado en mil millóns de dólares que no momento da súa construción era a residencia privada máis cara do mundo. O edificio ten un persoal de 600 persoas para o seu mantemento e inclúe tres heliportos, un garaxe para 160 coches, sala de cine privada, piscina e centro de fitness. En 2007, Ambani regalou á súa esposa un Airbus A319 de sesenta millóns de dólares polo seu 44.º aniversario. O airbus, cunha capacidade de 180 pasaxeiros, foi modificado para incluír un salón, dormitorio, televisión por satélite, WiFi, sky bar, jacuzzi e un despacho.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en Reliance Industries Perfil en Forbes
Categoría:Nados no Iemen Categoría:Nados en 1957 Categoría:Empresarios da India