Adrián Morado Veres, nado en Ribadeo en 1865 e finado en Bahía Blanca en 1951, foi un médico galego.

Traxectoria Fillo dun sarxento de carabineiros de Ribadeo e sobriño de Laureano Veres Acevedo. Grazas ao apoio do seu tío estudou no Colexio dos Xesuítas de Camposancos. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela e emigrou a Arxentina. Instalouse en Bahía Blanca en 1890. Foi unha recoñecida eminencia médica do sur arxentino.

Véxase tamén Ligazóns externas Morado Veres, un médico de Ribadeo dueño del primer coche de la Pampa Morado Veres, de viaje

Categoría:Médicos de Ribadeo Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1865 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes