José Luis Vázquez Dodero, nado en Ourense o 30 de xaneiro de 1908 e finado en Madrid o 2 de febreiro de 2001, foi un xornalista, escritor e crítico literario galego. Traxectoria

Nado en Ourense, aos nove anos trasladouse coa familia a Madrid. Fixo o bacharelato no colexio dos xesuítas de Chamartín. Doutorouse en Dereito e licenciouse en Ciencias Políticas. Dende mozo colaborou nos periódicos El Siglo Futuro e La Nación. Durante a Segunda República militou na Comuñón Tradicionalista e escribiu na revista Acción Española, colaborando estreitamente con Eugenio Vegas Latapié. Discípulo e amigo de Ramiro de Maeztu, acolleuno na súa casa antes de ser apresado, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Despois da guerra traballou como crítico literario na revista Blanco y Negro e no periódico ABC. Foi xefe de colaboracións dese periódico e director da Editorial Prensa Española. En 1957 obtivo o Premio Luca de Tena polo seu artigo "El mito del progreso indefinido", publicado en ABC o 26 de outubro de 1956. Analista de Menéndez Pelayo, dedicouse ao estudo da novela española contemporánea. De ideas conservadoras e monárquicas, pertenceu ao Consello Privado do Conde de Barcelona.

Obras Tradicionalismo y fascismo. (Esbozo de un ensayo sobre sus analogías y diferencias) Madrid, 1934. El príncipe que forjó una República. Madrid, 1958 (con Ramiro de Maeztu e o marqués de Quintanar). Delapuente. Madrid, 1973. Lope y Góngora frente a frente. Arbor, Madrid, 1975.

Premios

Premio Nacional de Literatura Emilia Pardo Bazán, 1964. Premio Nacional de Periodismo, 1978. Premio Nacional de Crítica Literaria. Premio Luca de Tena de periodismo polo artigo “El mito del progreso indefinido” (ABC, 26 de outubro de 1956). Gran Cruz da Orde do Mérito Civil, 1977.Ministerio de Asuntos Exteriores:

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Carlistas de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 2001