300px Ferrol 12px|Ferrol 10px|A Coruña CRAT Zalaeta 10px|Arteixo Santiago 12px|Santiago de Compostela 12px|As Pontes Fendetestas 12px|Lalín Lalín 12px|Lugo Muralla 12px|Vilagarcía Ingleses 12px|Rianxo Barbanza 12px|Vigo Vigo 12px|Pontevedra Mareantes Pontevedra 12px|Pontevedra 12px|Ourense Ourense Equipos da LGR: A edición 2019-2020 da LGR foi a 37ª edición da liga de rugby organizada pola actual Federación Galega de Rugby. Nesta edición o torneo contou con 13 equipos participantes trala unificación da primeira e a segunda división nun grupo único. A competición comezou o 5 de outubro de 2019 e tiña que rematar coa final o 25 ou 26 de maio de 2020, pero a pandemia por COVID-19 detivo a competición en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título.

Formato de competición Os trece equipos disputaron unha liga regular a unha volta na que tódolos equipos se enfrontaron entre eles unha vez, completando doce encontros. Se non se tivese detido a competición, tralo remate da primeira fase os oito mellores equipos da táboa pasarían a disputar as eliminatorias polo campionato, partindo dos cuartos de final do seguinte xeito: 1º contra 8º, 2º contra 7º, 3º contra 6º e 4º contra 5º; xogando na casa do equipo que xogou de visitante na primeira fase. As semifinais tamén se xogarían no campo do equipo que xogou de visitante na fase de liga regular. A final tería lugar na casa do equipo que rematou a primeira fase mellor clasificado. Por outra banda os equipos clasificados entre o 9º e o 12º posto tamén disputarían entre eles unhas eliminatorias que definirían a súa posición definitiva na competición: 9º contra 10º e 11º contra 12º.

O campión e subcampión acadan o dereito a participar na fase de ascenso á División de Honra B, a segunda división do rugby español.

Sistema de puntuación Os equipos suman puntos para a clasificación desta maneira: 4 puntos por vitoria 2 puntos por empate 0 puntos por derrota 1 punto bonus ofensivo cando un equipo gaña anotando 3 ensaios máis que o seu rival. 1 punto bonus defensivo cando o equipo perde por unha diferenza igual ou inferior a 7 puntos.

Equipos participantes A edición 2019/20 da LGR (Liga Galega de Rugby) contou con 13 equipos participantes, polo tanto, tódolos clubs galegos con equipo sénior masculino estiveron presentes, 11 deles co seu primeiro equipo e 2 que o fixeron co seu equipo B (Ourense e Vigo) por mor da súa participación na División de Honra B.

Primeira fase

Eliminatorias Por mor da pandemia por COVID-19 tódalas competicións deportivas do país se detiveron en marzo trala última xornada da liga regular e non se puideron disputar as eliminatorias polo título, que xa quedaran definidas do seguinte xeito: Ferrol vs Mareantes (1º vs 8º en Ferrol porque na liga regular xogaron en Pontevedra.) Vigo B vs Ingleses (7º vs 2º en Vigo porque na liga regular xogaron en Vilagarcía.) Muralla vs CRAT (6º vs 3º en Lugo porque na liga regular xogaron na Coruña.) Lalín vs Pontevedra (4º vs 5º en Lalín porque na liga regular xogaron en Pontevedra.)

Liga feminina A liga galega feminina de rugby é de recente creación. A maioría de clubs de rugby galegos non teñen sección de rugby feminino, de xeito que a liga galega é de pequeno tamaño. Na tempada 2017-18 e 2018/19 houbo cinco equipos disputando o torneo, sendo algúns deles reforzados por xogadoras doutros clubs que non participan:

Tempada 2019/20 Táboa da LGR feminina 2019-2020PosiciónEquipoPuntosEncontrosBonusXogados Gañados Empates Derrotas Ofensivos Defensivos 1CRAT B235500302Muralla RC205401313CR Ferrol145302204CR Lalín115203215Vigo RC45104006Ourense RC-1500500 Como subcampión do torneo o Muralla acadou o dereito a participar na segunda categoría nacional na tempada seguinte, dereito que cedeu ó Pontevedra Rugby Club. Este dereito lle corresponde ó subcampión polo feito de competir o CRAT na División de Honra Feminina de Rugby.

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da Federación Galega de Rugby Outros artigos

Categoría:Rugby en 2020 Categoría:Liga Galega de Rugby