Aerodramus papuensis, coñecida vulgarmente como salangana papúa, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos (que comprende as salanganas), unha das vinte e seis integradas hoxe no xénero Aerodramus, endémica de Nova Guinea.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1941 polo zoólogo canadense Austin Loomer Rand,Aerodramus papuensis (Rand, 1941) no ITIS. co nome de Collocalia whiteheadi papuensis,<ref>[https://avibase.bsc-eoc.org/species.jsp?avibaseid=10591B00E43003A2 Salangana papúa. Aerodramus papuensis (Rand, 1941)] en AviBase.</ref> é dicir, unha subespecie de Collocalia whiteheadi.

Etimoloxías Para a do xénero, véxase AerodramusO epíteto específico, papuensis, alude á rexión onde habita.

Variacións taxonómicas Posteriormente á súa descrición foi elevada á categoría de especie e denominada Collocalia papuensis e, máis recentemente, reclasificada dentro do xénero AerodramusVer Aerodramus papuensis na páxina Order Apodiformes da IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 20 de outubro de 2019.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie tamén se coñeceu polo sinónimos:Aerodramus papuensis en Wikuspecies. Collocalia whiteheadi papuensis Rand, 1941 (protónimo) Collocalia papuensis (Rand, 1941)

Subespecies Non se coñecen subespecies.

Características A salangana papúa mide ao rededor de 14 cm de longo. A plumaxe das súas partes superiores é de cor parda escura, e máis clara nas inferiores. Ten tres dedos en cada pata en lugar dos catro habituais no resto das especies do xénero (fáltalle o hallux).

Costumes É capaz de ecolocalizar pero, a diferenza das demais especies estudadas do grupo dos colocaliinos, que principalmente usan a ecolocalización cando voan no interior das covas onde descansan e se reproducen, a salangana papúa úsaa tamén no exterior pola noite. Ademais esta especie emite clics simples, non duplos como a maioría dos membros de Aerodramus.

Distribución Encóntrase principalmente no norte da illa de Nova Guinea, tanto na parte pertencente a Indonesia como na de Papúa-Nova Guinea.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Phil Chantler (1995): Swifts: A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield, East Sussex, UK: Pica Press. ISBN 978-0-3000-7936-4. Joseph del Hoyo, Andrew Elliot e Jordi Sargatal, eds. (1999): Handbook of the Birds of the World. Volume 5: Barn-owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Josep Del Hoyo, Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.

Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos Aerodramus

Ligazóns externas Aerodramus papuensis. Papuan swiftlet na ADW. Three Toed Swiftlet. Aerodramus papuensis (Rand 1941) Salangana papúa. ''Aerodramus papuensis (Rand, 1941) en AviBase.

Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1941