alt=Medida co Lidar dende un refuxio en Dome C, a uns centos de metros da estación Concordia. No fondo a aurora austral. Foto tomada durante no inverno austral de 2014.|miniatura|Medida co Lidar dende un refuxio en Dome C, a uns centos de metros da estación Concordia. No fondo a aurora austral. Foto tomada durante no inverno austral de 2014.

A estación de investigación Concordia é unha base científica franco-italiana situada na Antártida.

Características

Nesta base estúdanse fenómenos relacionados coa Antártida, pero tamén co clima ou mesmo co espazo (como MELiSSA ou experiencias sobre illamento da ESA). No inverno o persoal descende a tan só 16 persoas, mais no verán antártico pode aloxar máis de oitenta investigadores.

Está situada na meseta antártica, a 3233 m de altura sobre o nivel do mar. Acada temperaturas de -80 °C no inverno austral, pasando meses sen ver o Sol, en condicións de illamento. Consta de dúas torres, unha, como habitáculo, e outra, para maquinaria e salas de traballo.

Establecida no 2005, é a única base europea no interior do continente.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Blog escrito dende a base.

Categoría:Investigación na Antártida