O Campionato do Mundo de Ironman é unha proba de tríatlon de longa distancia, que se celebra anualmente en Hawai dende 1978.

Está organizado pola World Triathlon Corporation e é a culminación anual dunha serie de carreiras de Ironman celebradas en todo o mundo e nas que os atletas se poden clasificar para a final de Hawai. alt=Swimmers at the start of the 2005 race|miniatura|360x360px|Inicio do segmento de natación, 15 de outubro de 2005

Historia

Inicios A idea do Ironman orixinal xurdiu durante a entrega dos premios da Oahu Perimeter Relay, unha carreira que recorre o perímetro da illa de Oʻahu, en 1977. Entre os participantes atopábanse os corredores do club Mid-Pacific Road Runners e os nadadores do Waikiki Swim Club, cuxos membros levaban tempo discutindo sobre cal dos dous deportes era o máis duro. Nesta ocasión, o comandante da Mariña estadounidense, John Collins, sinalou que lera nun artigo recente da revista Sports Illustrated que o ciclista belga Eddy Merckx tiña a "captación de osíxeno" máis alta rexistrada de calquera atleta medido nunca, polo que quizais os ciclistas estivesen máis en forma que corredores e nadadores. Collins e a súa esposa Judy Collins tomaran parte nos tríatlons organizados en 1974 e 1975 polo San Diego Track Club en Mission Bay, California, así como o Optimist Sports Fiesta Triathlon de 1975 en Coronado, tamén en California. Algúns dos outros deportistas militares asistentes tamén estaban familiarizados coas carreiras de San Diego, polo que entenderon o concepto cando Collins suxeriu que o debate debía resolverse a través dunha carreira que combinase as tres competicións de longa distancia existentes na illa: a Waikiki Roughwater Swim (3.86 km de natación en augas abertas), a Around-Oahu Bike Race (carreira ciclista de 185.07 km, orixinalmente celebrada en dous días) e a Maratón de Honolulu (42.195 km).

Ata ese momento, ningún dos presentes fixera a carreira en bicicleta. Collins calculou que recortando 4,8 quilómetros do percorrido en bicicleta e facéndoo en sentido contrario ás agullas do reloxo, arredor da illa, o sector de bicicleta podería comezar no remate da Waikiki Rough Water e acabar na torre Aloha, lugar de inicio tradicional da Maratón de Honolulu. Antes da carreira, cada atleta recibiu tres follas de papel que indicaban algunhas regras e unha descrición do percorrido. Escrito a man na última páxina estaba esta exhortación: "Nada 2,4 millas! Percorre en bicicleta 112 millas! Corre 26,2 millas! Presume o resto da túa vida". A frase converteuse nunha marca comercial.

Cun aceno a un corredor local que era coñecido polos seus exixentes adestramentos, Collins dixo: "Quenquera que acabe primeiro, chamarémoslle o Home de Ferro." Cada un do participantes tiña o seu equipo de apoio propio para fornecerse de auga, comida e ánimo durante a proba. Dos quince homes que tomaron a saída a mañá do 18 de febreiro de 1978, doce completaron a carreira. Gordon Haller, un especialista de comunicacións da USS Navy, foi o primeiro en gañar o título Ironman por completar a carreira cun tempo de 11 horas, 46 minutos e 58 segundos. O marine John Dunbar, lideraba a proba despois da segunda transición e tiña posibilidades de gañar mais quedou sen auga na maratón e o seu equipo de apoio resolveu darlle cervexa.

Sen máis esforzos de mercadotecnia, a carreira reuniu a 50 atletas en 1979. Tras ser aprazada un día debido ás condicións meteorolóxicas, só quince competidores tomaron a saída na mañá do domingo. Tom Warren, de San Diego gañou en 11 horas, 15 minutos e 56 segundos. Lyn Lemaire, unha ciclista de Boston, que chegou sexta converteuse na primeira Ironwoman (Muller de Ferro). Collins pensou en transformar a carreira nunha proba de relevos para incluír a máis participantes, pero o xornalista de Sports Illustrated, Barry McDermott, presente na zona para cubrir un torneo de golf, descubriu a carreira e escribiu unha reportaxe de dez páxinas sobre ela. Durante o ano seguinte, centos de participantes curiosos contactaron con Collins.

Valerie Silk e a WTC Ao redor de 1979 Collins xa non quería dirixir a proba e contactou cos propietarios do centro do Nautilus Fitness Center, Hank Grundman e Valerie Silk, para cederlles o control da carreira. Grundman ofrecera anteriormente as instalacións do seu club a moitos dos competidores do Ironman. Despois do divorcio da parella, en 1981 Silk recibiu a propiedade do Ironman. Ese ano trasladou a competición á menos urbanizada illa de Hawai e en 1982 mudouse a data de carreiras de febreiro a outubro. Como resultado deste cambio, houbo dous eventos Ironman en 1982.

En febreiro de 1982 ocorreu un fito na historia da carreira que disparou a súa popularidade. Julie Moss, unha universitaria que competía como parte dunha investigación para a súa tese de fisioloxía do exercicio, púxose en primeiro lugar. A medida que se aproximaba ao final, entroulle unha grave fatiga e deshidratación e caeu a poucos metros da liña de meta. Aínda que Kathleen McCartney a adiantou levando o título feminino, Moss arrastrouse ata a meta. A súa actuación foi transmitida por todo o mundo e creou a famosa frase do Ironman de que "só rematar é xa unha vitoria". A finais dese ano a carreira xa superou os 1.000 participantes, tendo que facer un sorteo para adxudicar 1.000 prazas e deixando fóra a outros 1.000 participantes.

En 1990, coa axuda de Lew Friedland, James P. Gills mercoulle a Silk a Hawaii Triathlon Corporation, propietaria da marca Ironman, por 3 millóns de dólares. Coa marca Ironman, Gills estableceu a World Triathlon Corporation coa intención de potenciar o deporte do tríatlon e aumentar os premios para os triatletas.

Dende mediados dos noventa realízanse varios tríatlons de distancia completa que non son organizados pola WTC. O limitado número de eventos organizados pola WTC e o escaso número de entradas dispoñibles por carreira, combináronse cun crecemento do deporte que creou demanda destes eventos sen marca. Moitos deles comparten co Ironman o formato de 3,86 km a nado, 180 de bicicleta e 42,2 a pé. Orixinalmente, moitos usaron o nome Ironman. Debido á agresiva protección de marcas, a maioría destas carreiras xa non usan a palabra "Ironman".

O actual récord do Ironman de Hawai foi establecido en 2019 por Jan Frodeno (Alemaña), cuxo tempo gañador foi de 7 horas, 51 minutos e 13 segundos O récord feminino é de 8 horas, 26 minutos e 18 segundos, fixado en 2018 por Daniela Ryf (Suíza).

Os atletas con discapacidades compiten no evento na categoría de desafíos físicos, que foi instituída en 1997, e teñen que cumprir os mesmos tempos de corte que os outros competidores. O australiano John Maclean foi o primeiro triatleta discapacitado en completar a proba.

Récords da proba

Homes EventoRécordVelocidadeAtletaEdiciónRefIronman completo7:51:13 (47:31-1:58-4:16:03-2:59-2:42:43)28.82 km/h Jan Frodeno2019Natación (3.862 km)46:291:12 min/100 m Jan Sibbersen2018Bicicleta (180.246 km)4:09:0643.42 km/h Cameron Wurf2018 Carreira a pé (42.195 km)2:39:4515.85 km/h / 3:47 min/km Patrick Lange2016

Mulleres EventoRécordVelocidadeAtletaEdiciónRefIronman completo8:26:18 (57:27-3:22-4:26:07-2:17-2:57:05)26.82 km/h Daniela Ryf2018Natación (3.862 km)48:141:14 min/100 m Lucy Charles2018Bicicleta (180.246 km)4:26:0740.64 km/h Daniela Ryf2018Carreira a pé (42.195 km)2:50:2714.85 km/h / 4:02 min/km Mirinda Carfrae2014

Vencedores

Homes YearGoldTimeSilverTimeBronzeTime2019 Jan Frodeno7:51:13 Tim O'Donnell 7:59:40 Sebastian Kienle 8:02:042018 Patrick Lange7:52:39 Bart Aernouts 7:56:41 David McNamee 8:01:092017 Patrick Lange8:01:40 Lionel Sanders 8:04:07 David McNamee 8:07:112016 Jan Frodeno8:06:30 Sebastian Kienle 8:10:02 Patrick Lange 8:11:142015 Jan Frodeno8:14:40 Andreas Raelert 8:17:43 Tim O'Donnell 8:18:502014 Sebastian Kienle8:14:18 Ben Hoffman 8:19:23 Jan Frodeno 8:20:322013 Frederik Van Lierde8:12:29 Luke McKenzie 8:15:19 Sebastian Kienle 8:19:242012 Pete Jacobs8:18:37 Andreas Raelert 8:23:40 Frederik Van Lierde 8:24:092011 Craig Alexander8:03:56 Pete Jacobs 8:09:11 Andreas Raelert 8:11:072010 Chris McCormack8:10:37 Andreas Raelert 8:12:17 Marino Vanhoenacker 8:13:142009 Craig Alexander8:20:21 Chris Lieto 8:22:56 Andreas Raelert 8:24:322008 Craig Alexander8:17:45 Eneko Llanos 8:20:50 Rutger Beke 8:21:232007 Chris McCormack8:15:34 Craig Alexander 8:19:04 Torbjørn Sindballe 8:21:302006 Normann Stadler8:11:58 Chris McCormack 8:13:10 Faris Al-Sultan 8:19:052005 Faris Al-Sultan8:14:17 Cameron Brown 8:19:36 Peter Reid 8:20:042004 Normann Stadler8:33:29 Peter Reid 8:43:40 Faris Al-Sultan 8:45:142003 Peter Reid8:22:35 Rutger Beke 8:28:27 Cameron Brown 8:30:082002 Tim DeBoom8:29:56 Peter Reid 8:33:06 Cameron Brown 8:35:342001 Tim DeBoom8:31:18 Cameron Brown 8:46:10 Thomas Hellriegel 8:47:402000 Peter Reid8:21:01 Tim DeBoom 8:23:10 Normann Stadler 8:26:451999 Luc Van Lierde8:17:17 Peter Reid 8:22:54 Tim DeBoom 8:25:421998 Peter Reid8:24:20 Luc Van Lierde 8:31:57 Lothar Leder 8:32:571997 Thomas Hellriegel8:33:01 Jürgen Zäck 8:39:18 Lothar Leder 8:40:301996 Luc Van Lierde8:04:08 Thomas Hellriegel 8:06:07 Greg Welch 8:18:571995 Mark Allen8:20:34 Thomas Hellriegel 8:22:59 Rainer Müller-Hörner 8:25:231994 Greg Welch8:20:27 Dave Scott 8:24:32 Jeff Devlin 8:31:561993 Mark Allen8:07:45 Pauli Kiuru 8:14:27 Wolfgang Dittrich 8:20:131992 Mark Allen8:09:08 Cristián Bustos 8:16:29 Pauli Kiuru 8:17:291991 Mark Allen8:18:32 Greg Welch 8:24:34 Jeff Devlin 8:27:551990 Mark Allen8:28:17 Scott Tinley 8:37:40 Pauli Kiuru 8:39:241989 Mark Allen8:09:14 Dave Scott 8:10:13 Greg Welch 8:32:161988 Scott Molina8:31:00 Mike Pigg 8:33:11 Ken Glah 8:38:371987 Dave Scott8:34:13 Mark Allen 8:45:19 Greg Stewart 8:58:531986 Dave Scott8:28:37 Mark Allen 8:36:04 Scott Tinley 9:00:371985 Scott Tinley8:50:54 Chris Hinshaw 9:16:40 Carl Kupferschmid 9:26:321984 Dave Scott8:54:20 Scott Tinley 9:18:45 Grant Boswell 9:23:551983 Dave Scott9:05:57 Scott Tinley 9:06:30 Mark Allen 9:21:061982 (Out) Dave Scott9:08:23 Scott Tinley 9:28:28 Jeff Tinley 9:36:531982 (Feb) Scott Tinley9:19:41 Dave Scott 9:36:57 Jeff Tinley 9:53:161981 John Howard9:38:29   Tom Warren 10:04:38 Scott Tinley 10:12:471980 Dave Scott9:24:33 Chuck Neumann 10:24:41 John Howard 10:32:361979 Tom Warren11:15:56 John Dunbar 12:03:56 Ian Emberson 12:23:301978 Gordon Haller11:46:58 John Dunbar 12:20:27 Dave Orlowski 13:59:13

20: 10: 7: 3:

Mulleres