O factor reumatoide (FR ou RF polas súas siglas en inglés) é o primeiro autoanticorpo que se encontrou na artrite reumatoide. Defínese como un anticorpo contra a porción Fc da IgG e diferentes factores reumatoides poden recoñecer distintas partes do complexo IgG-Fc. O factor reumatoide e a IgG únense para formar inmunocomplexos que contribúen ao proceso da enfermidade.

O factor reumatoide pode tamén ser unha crioglobulina (anticorpo que precipita ao arrefriar unha mostra de sangue); pode ser unha crioglobulina de tipo 2 (IgM monoclonal a IgG policlonal) ou tipo 3 (IgM policlonal a IgG policlonal).

Aínda que se encontra predominantemente como IgM, o factor reumatoide pode ser de calquera dos isotipos de inmunoglobulinas, é dicir, IgA, IgG, IgM, IgE, e IgD.

Probas diagnósticas

O factor reumatoide avalíase a miúdo en pacientes dos que se sospeita que teñen algún tipo de artrite, incluso se os resultados positivos poden deberse a outras causas, e os resultados negativos non descartan a enfermidade. Pero, en combinación con outros signos e síntomas, pode ser importante para o diagnóstico e a prognóstico da enfermidade. Forma parte dos criterios habituais utilizados para distinguir a artrite reumatoide.Medscape - EMedicine Rheumatoid Arthritis workup

A presenza do factor reumatoide no soro sanguíneo pode tamén indicar a presenza de actividade autoinmune non relacionada coa artrite reumatoide, como a asociada co rexeitamento de tecidos ou órganos transplantados. Nese casos, o factor reumatoide pode servir como un dos varios marcadores serolóxicos para a autoinmunidade. A sensibilidade do factor reumatoide pola artrite reumatoide establecida é de só o 60-70% cunha especificidade do 78%.

Interpretación

Encóntranse altos niveis de factor reumatoide (en xeral de máis de 20 IU/mL, 1:40, ou máis do percentil do 95, aínda que hai certa variación entre os laboratorios) na artrite reumatoide (presente no 80%) e a síndrome de Sjögren (presente no 70%). Tamén se encontra na infección polo virus de Epstein–Barr ou parvovirus e en do 5 ao 10% de persoas sas, especialmente as vellas.

Hai unha asociación entre o factor reumatoide e a sinovite máis persistentemente activa, e con máis danos articulares, maior discapacidade final e artrite.MedicineNet Rheumatoid Factor Blood Test Meaning and LevelsThe Arthritis Association , Informe de MHC 19.2

Ademais da artrite reumatoide, o factor reumatoide pode tamén ser elevado en:RxList Rheumatoid factor blood test Lupus eritematoso sistémico Artrite idiopática xuvenil Síndrome de Sjögren Fibrose pulmonar Intersticial Hepatite B, enfermidade hepática crónica, e hepatite crónica Crioglobulinemia mixta esencial Cirrose biliar primariaU Nowak, K Gill, E Skamene, e M M Newkirk. Rheumatoid factor induction in murine models of liver injury. Clin Exp Immunol. 2007 Feb; 147(2): 324–329. doi: 10.1111/j.1365-2249.2006.03277.x. PMCID: PMC1810466. PMID 17223974. Mononucleose infecciosa e calquera infección viral crónica Endocardite bacteriana Lepra Sarcoidose Tuberculose Sífilis Leishmaníase visceral MalariaMedicalNewsToday Rheumatoid Factor Leucemia Dermatomiosite Esclerose sistémica Despois dunha vacinación/transfusión en individuos normais.

Historia

O test foi descrito primeiramente polo médico noruegués Erik Waaler en 1940 e redescrito polo doutor Harry M. Rose e colegas en 1948. Dise que a redescrición se debeu a incertezas debidas á Segunda guerra mundial. Aínda hoxe se denomina test de Waaler-Rose. reproduced in

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas RF en MedlinePlus Rheumatoid Factor en Lab Tests Online Medscape - Emedicine Rheumatoid factor Rheumatoid Factor en WebMD

Categoría:Anticorpos Categoría:Reumatoloxía