A dos anfisbenios (Amphisbaenia), tamén chamados anfisbenas,anfisbena, 2ª acep. no Dicionario da RAG. ou cobras cegas,Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega. é unha suborde peculiar e pouco coñecida de réptiles escamosos adaptados á vida no subsolo.

Son de pequeno tamaño (a maioría das especies miden menos de 15 cm) de lonxitude. Como as serpentes, carecen de patas (agás as especies do xénero Bipes, que aínda conservan o par anterior), polo que superficialmente son parecidas a miñocas de terra, e presentan claras adaptacións ao medio subterráneo, como a capacidade de escavar e desprazarse pregando a súa pel como un acordeón. A súa cabeza, maciza, sen oído externo e cos ollos atrofiados, fai que se distinga mal do extremo oposto do corpo.

Son capaces de desplazárense tanto en dirección cara a adiante como cara a atrás, e por iso déuselles o nome de Amphisbaenia ("os que van en dúas direccións").

Coñécense unhas 190 especies, a maior parte delas en África e América do Sur.

Taxonomía Descrición O grupo foi descrito en 1844 polo naturalista británico John Edward Gray, que lle outorgou a categoría de orde.

Etimoloxía O nome científico Amphisbaenia Gray tomouno da raíz do nome da serpe monstruosa da mitoloxía grega Anfisbena (en grego antigo Ἄμφισβαίνα Amphisbaína, de ἀμφίς amphís, "dos dous lados", e βαίνω baínō, "andar", "moverse", transcrita en latín clásico como Amphisbaena.amphisbaena no Merriam-Websrer Unabriged Dictionary, coa adición do sufixo -ia, indicando plural.

Clasificación Moitos dos autores na actualidade recoñecen na suborde as seis familias seguintes: Amphisbaenidae J. E. Gray, 1865 – Anfisbénidos, anfisbenas tropicais de Suramérica, algunhas illas do Caribe e da África subsahariana. (17 xéneros). Bipedidae Taylor, 1951 – Bipédidos, só en México, onde se coñecen co nome común ajolotes, )non confundir co axolote) (1 xénero) Blanidae Kearney & Stuart, 2004."Blanidae". Dahms Tierleben. www.dahmstierleben.de. - Blánidos, anfisbenas de Anatolia, a Península Ibérica e Marrocos (1 xénero) Cadeidae Vidal & Hedges, 2008 – Dadeidos, anfisbena de Cuba (1 xénero). Tradicionalmente incluída nos anfisbénidos, pero o ADN mostra que está máis cerca dos blánidos.Vidal, N.; Azvolinsky, A.; Cruaud, C. & Hedges, S. B. (2008): "Origin of tropical American burrowing reptiles by transatlantic rafting". Biology Letters 4 (1): 115–118. Rhineuridae Vanzolini, 1951 – Rinéuridos, anfisbenas de Norteamérica. (1 xénero) Trogonophidae J. E. Gray, 1865 – Anfisbenas do Paleártico. (4 xéneros)

Filoxenia O seguinte cladograma mostra as relacións filoxenéticas entre as seis familias de anfisbenas determinadas por análises filoxenética de xenes mitocondriais e nucleares por Vidal et al. (2008).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Branch, W. R. (2004): Field Guide to Snakes and Other Reptiles of Southern Africa. Third Revised edition, Second Impression. Sanibel Island, Florida: Ralph Curtis Books. 399 pp. ISBN 0-8835-9042-5. (Suborde Amphisbaenia, pp. 201–202.) Gans, C. (2005): "Checklist and Bibliography of the Amphisbaenia of the World". Bull. American Mus. Nat. Hist. 289: 1-130. Goin, C. J.; O. B. Goin & G. R. Zug (1978): Introduction to Herpetology, Third Edition. San Francisco: W.H. Freeman and Company. xi + 378 pp. ISBN 0-7167-0020-4. (Suborde Amphisbaenia, pp. 276–278.) Gray, J. E. (1844): Catalogue of the Tortoises, Crocodiles, and Amphisbænians, in the Collection of the British Museum. Londres: Trustees of the British Museum. (E. Newman, printer.) viii + 80 pp. (Orde "Amphisbænia", p. 68.)

Outros artigos Escamosos

Ligazóns externas Amphisbaenia na ADW. Amphisbaenians. Amphisbaenia na EOL.

Categoría:Saurópsidos