A dos dibámidos (Dibamidae) é unha familia de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios a única incluída na infraorde dos dibamios.Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
Taxonomía Descrición Infraorde A infraorde foi descita en 1968 polo zoólogo francés, especialista en anatomía comparada, Jean-Pierre Gasc,Jean-Pierre Gasc na web do Museo Nacional de Historia Natural de Francia. como suborde dos escamosos, Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen. en: Gasc, J-P. (1968): '"Contribution à l'ostéologie et à la myologie de Dibamus novaeguineae Gray (Sauria, Reptilia). Discussion systématique". Annales des sciences naturelles. Zoologie et biologie animale, vol. 10, pp. 127-150.
Familia A única familia da actual suborde fora descrita en 1884 polo biólogo belga, nacionalizado británico George Albert Boulenger,Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS. en Boulenger, C. A. (1884): "Synopsis of the families of existing Lacertilia". Annals and magazine of natural history, ser. 5, vol. 14, pp. 117-122. (texto completo)
Xéneros A familia comprende unicamente os dous xéneros seguintes:
Anelytropsis Cope, 1885 (monotípico) Dibamus Duméril & Bibron, 1839 (23 especies)
Etimoloxías Os nomes científicos da infraorde, e da familia, están contruídos sobre a base da raíz do seu xénero tipo Dibamus, tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas", Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71. coa adición dos sufixos do latín científico -ia, incicando plural, e -idae, propio dos nomes das familias de animais, respectivamente.
Características Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades. A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.
O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama.
Bioloxía e ecoloxía Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea. Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo. Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.
Filoxenia Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cope, E. D. (1885): "A contribution to the herpetology of Mexico". Proceedings of the American philosophical Society, 22: 379–404. BHL Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of herpetology, 19 (1): 116–156. Resume Townsend, T. M.; Larson, A.; Louis, E. & Macey, J. R. (2004): "Molecular phylogenetics of Squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". Systematic biology, 53 (5): 735–757. Amplo resume. Townsend, T. M.; Leavitt, D. H. & Reeder, T. W.(26 de xaneiro de 2011): "Intercontinental dispersal by a microendemic burrowing reptile (Dibamidae)". Proceedings of the Royal Society (B) Amplísimo resume.
Outros artigos Escamosos Lacertilia
Ligazóns externas Dibamidae na ADW. Dibamid Lizards. Dibamidae na EOL.
Categoría:Saurópsidos