Manuel Antonio Campos García, coñecido como Tono Campos, nado no Grove o 15 de xullo de 1985, é un deportista galego que compite en piragüismo nas modalidades de augas tranquilas e maratón.

En maratón foi 10 veces campión do mundo e outras 10 subcampión (conseguindo ademais 6 bronces), nove veces campión de Europa e dúas subcampión; e en augas tranquilas foi subcampión do mundo e de Europa.

Traxectoria

Inicios Conseguiu un cuarto posto na categoría Júnior do Mundial celebrado en 2003 en Valladolid. A súa primeira participación no Campionato Mundial de Piragüismo en Maratón en categoría absoluta foi no ano 2004, na cidade norueguesa de Bergen, quedando ás portas das medallas no C1, tras rematar na cuarta posición. En 2005 conseguiu outros dous cuartos postos, no Campionato Europeo celebrado na República Checa e no Mundial de Perth. Repetiu cuarto posto no Mundial do ano seguinte, en Francia, e no Europeo de 2007, en Eslovaquia, finalizou en sexta posición.

Conseguiu a súa primeira medalla internacional no Mundial de 2007 na cidade húngara de Győr, tras acabar terceiro a súa carreira de C1. En cambio, no Mundial do ano seguinte só puido ser sexto.

No 2009 competiu no Europeo de augas tranquilas no C4, en dúas distancias (200 e 1000 metros), finalizando ambas probas na novena e última posición. De volta ao C1 en maratón, participou ese mesmo ano no Mundial de Vila Nova de Gaia de onde volveu coa medalla de prata. Tamén en 2009 competiu no seu primeiro Campionato Mundial de Piragüismo en Augas Tranquilas, no Canadá, nas categorías C1 4x200 metros e C4 200 metros, obtendo un oitavo e un sétimo posto respectivamente.

Década de 2010 En 2010 participou de novo tanto en augas tranquilas como en maratón. Na primeira das modalidades finalizou sétimo no Europeo celebrado en Asturias e noveno no Mundial de Poznan, ambos no C4 1000 metros. En canto ao maratón, quedou subcampión do mundo do C1, por detrás do portugués Nuno Barros. No 2011 competiu en dúas categorías do Mundial de maratón de Singapur: C1 e C2 (xunto a Pedro Areal). Logrou a prata no C1 e un quinto posto no C2.

No 2012 participou no Mundial de maratón de Roma. No C2 padexou xunto a José Manuel Sánchez e lograron a medalla de bronce, mentres que o ouro foi para Ramón Ferro e Óscar Graña. Ademais competiu no C1 logrando a vitoria e facéndose así co seu primeiro ouro nun Mundial. O primeiro ouro europeo chegou ao ano seguinte en Portugal, ao coroarse campión de Europa de C1, tras gañar con máis dun minuto de vantaxe sobre o segundo clasificado, o tudense Manuel Garrido. Competiu tamén no Europeo de augas tranquilas en Montemor, logrando un quinto posto no C1 5000 metros. Ademais ese ano participou en ambos os Mundiais de maratón e augas tranquilas. No de maratón padexou en dúas categorías: C1, onde logrou a prata, e C2 xunto a Diego Romero, quedando tamén segundos, outra vez por detrás de Graña e Ferro. No Mundial de augas tranquilas de Duisburgo, finalizou décimo no C1 5000.

En 2014 quedou quinto xunto a Diego Romero, no C2 1000 do Europeo de augas tranquilas. Con todo, volveu coroarse campión do mundo de maratón no C2, por segunda vez, no Mundial celebrado en Oklahoma City, onde ademais conseguiu unha prata con José Manuel Sánchez no C2, logrando superar esta vez a Graña e Ferro, pero quedando por detrás dos húngaros Ádám Dóczé e Márton Kövér. En 2015 rematou no quinto posto do C2 no Europeo de maratón de Bohinj, en Eslovenia, xunto a José Manuel Sánchez. Coa mesma parella foi ao Mundial de Győr, subindo ao terceiro caixón do podio. Ademais logrou o subcampionato do C1 por quinta vez na súa carreira, tras finalizar segundo só por detrás de Kövér. Ese ano obtivo tamén o subcampionato mundial en augas tranquilas, ao rematar segundo en Milán, por detrás do alemán Sebastian Brendel.

En 2016 celebrouse o Europeo de maratón en Pontevedra e Tono Campos coroouse como campión de Europa tanto en categoría C1 como en C2, nesta última xunto a José Manuel Sánchez, superando a Graña e Ferro, segundos, e a Dóczé e Köver, terceiros. Ademais logrou outro subcampionato mundial no C1 en Brandeburgo, mentres que no C2 foi quinto con José Manuel Sánchez.

No ano 2017 Campos e Sánchez proclamáronse campións de Europa do C2 por segunda vez, en Ponte de Lima, por diante de Dóczé e Köver, segundos, e Graña e Ferro, terceiros. Campos gañou tamén a medalla de prata no C1 por detrás de Köver. No Mundial dese ano Campos obtivo un bronce no C1 (por detrás de Köver, 1º, e Manuel Garrido, 2º) e outro bronce no C2, xunto a Sánchez (por detrás dos campións Köver e Dóczé e dos subcampións Graña e Ferro).

En 2018, en Metković, Campos proclamouse por terceira vez campión de Europa do C1, mentres que no C2 só puideron ser cuartos, moi lonxe dos gañadores Óscar Graña e Diego Romero. Tamén participou ese ano no Europeo de augas tranquilas en Belgrado, no C1 5000 obtendo a quinta praza final. No Mundial de maratón 2018, celebrado en Portugal, Campos ampliou o seu palmarés cun ouro en C2 por diante de Garrido e Dóczé. No C2 rematou quinto. No Mundial de augas tranquilas dese mesmo ano quedou sexto.

En 2019 gañou seis medallas entre Europeos e Mundiais. As primeiras tres foron no Europeo de maratón celebrado en Francia. Logrou o ouro no C1 de distancia longa, a prata no C1 de distancia curta e o bronce no C2 con Diego Romero. As seguintes tres chegaron no Mundial da China. No país asiático gañou dous ouros no C1 e no C2 (con Diego Romero), e unha prata no C1 de distancia curta, (por detrás do seu compañeiro Diego Romero).

Recoñecementos En 2019 foi galardoado co Premio Deporte Galego ao mellor deportista galego masculino de 2018. Fíxolle entrega do premio o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o 28 de novembro no Auditorio de Lalín.

Palmarés internacional

+Piragüismo en augas tranquilas Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2015 Milán () Prata C1 5000 m Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2012 Zagreb () Prata C1 5000 m

+Piragüismo en maratón Campionato Mundial Ano Lugar Medalla Competición 2007 Győr () Bronce C1 2009 Vila Nova de Gaia () Prata C1 2010 Banyoles () Prata C1 2011 Singapur () Prata C1 2012 Roma () Ouro C1 2012 Roma () Bronce C2 2013 Copenhague () Prata C1 2013Copenhague () Prata C2 2014 Oklahoma City () Ouro C1 2014 Oklahoma City () Prata C2 2015 Győr () Prata C1 2015 Győr () Bronce C2 2016 Brandeburgo () Prata C1 2017 Pietermaritzburg () Bronce C1 2017 Pietermaritzburg () Bronce C2 2018 Vila Verde () Ouro C1 2019 Shaoxing () Ouro C1 2019 Shaoxing () Ouro C2 2019 Shaoxing () Prata C1 2021Pitești () OuroC22022Ponte de Lima () OuroC22022Ponte de Lima () BronceC12023Vejen () OuroC22023Vejen () OuroC12023Vejen () OuroC1 2024Metković () PrataC1 Campionato Europeo Ano Lugar Medalla Competición 2013 Vila Verde () Ouro C1 2016 Pontevedra () Ouro C1 2016 Pontevedra () Ouro C2 2017 Ponte de Lima () Ouro C2 2017 Ponte de Lima () Prata C1 2018 Metković () Ouro C1 2019 Decize () Ouro C1 2019 Decize () Prata C1 2019 Decize () Bronce C22022Silkeborg () OuroC22022Silkeborg () OuroC12022Silkeborg () BronceC1 2023Slavonski Brod () BronceC12024Poznan () OuroC12024Poznan () BronceC2

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Tono Campos en CanoeResults.eu .

Categoría:Piragüistas de Galicia Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados no Grove